Hoxe pola
mañá celebrouse en Guitiriz unha reunión da Comisión Central de Seguimento do
ERTE. En primeiro lugar a Dirección fixo unha exposición da evolución dos plans
estratéxicos nas dúas plantas (Coruña, Avilés). Destacar sobre este punto que a
Dirección informa que a subvención do 2012 para a transformación a Gas Natural
na Fundición da Coruña, a Xunta acordou coa empresa poder aplicala no 2013-2014
debido a que aínda non temos pechado o contrato de enerxía para os próximos
anos.
O Presidente de Alcoa España José R. Camino por vía telefónica informou que a semana que vén están en disposición de pechar acordos coas empresas eléctricas para a subministración a partir do 1 de xaneiro 2013. Ao mesmo tempo di que nos próximos días esperan ter o visto e prace de Comisión Europea na consulta realizada sobre a Orde Ministerial, sobre a cal son moi optimistas
Na segunda parte da reunión a empresa presentou unha estimación dos resultados económicos para as dúas plantas no 2013. Esta previsión realizárona cun valor de LME medio de 1900$/Tm, un cambio €/$ de 1,26 e o custo da enerxía similar ao do 2012, para unha produción dunhas 61.000 toneladas por planta. Con estes ingredientes os números da empresa son de 13 millóns de euros negativos por planta.
A Dirección di que teñen que buscar o xeito de aforrar uns 7 de millóns de
euros por planta durante o ano 2013, para iso propoñen: Reducir servizos compartíndoos entre as dúas plantas, internalizar
traballos, eficiencias en enerxía, potenciar a refusión de chatarra nas dúas
plantas, aumentar a venda de pasta a terceiros, e reducir os custos salariais
sobre a previsión do 2013 un 7%. Esta redución salarial levaríase a cabo
(segundo a empresa) conxelando as táboas salariais definitivas do 2012 e
deixando de pagar a prima de resultados (pagadoira en febreiro 2014). Se isto
non alcanzase para chegar ao 7% de redución propoñen buscar melloras en produtividade.
A empresa quere entaboar unha serie de reunións nas distintas fábricas e pide á Representación dos Traballadores (RT) propostas ao presentado para chegar ao 12 de xaneiro 2013 cun acordo. En caso de non chegar a un acordo din que solicitaran un descolgue do Convenio Colectivo. A RT comunica á Dirección que antes de dicir nada primeiro reuniranse os distintos Comités para dar unha contestación.
A empresa quere entaboar unha serie de reunións nas distintas fábricas e pide á Representación dos Traballadores (RT) propostas ao presentado para chegar ao 12 de xaneiro 2013 cun acordo. En caso de non chegar a un acordo din que solicitaran un descolgue do Convenio Colectivo. A RT comunica á Dirección que antes de dicir nada primeiro reuniranse os distintos Comités para dar unha contestación.