PLAN 2013
(Aforro de custes)
A Coruña, a 20 de Decembro do 2012.
Hoxe
pola tarde realizouse a primeira das reunións da Mesa do Plan 2013. A Dirección
fixo un avance dos posibles aforros para o ano 2013 cuantificando só o aforro
na parte laboral.
A conxelación salarial do ano 2013 máis a Prima de Resultados con valor cero supoñería un aforro de 916.000 euros. Segundo a Dirección faltarían por reducir 563.000 euros para chegar ao obxectivo do 7% da masa salarial. Para chegar ao 100% de aforro a empresa propón que a Representación dos Traballadores (RT) faga propostas en calquera destes puntos:
A conxelación salarial do ano 2013 máis a Prima de Resultados con valor cero supoñería un aforro de 916.000 euros. Segundo a Dirección faltarían por reducir 563.000 euros para chegar ao obxectivo do 7% da masa salarial. Para chegar ao 100% de aforro a empresa propón que a Representación dos Traballadores (RT) faga propostas en calquera destes puntos:
·
Non contratacións en
2012-2013.
·
Non achega da empresa ao
Fondo de Axuda ata consumir o excedente habido en 2012.
·
Pagar por calendario a partir
do 4 de abril 2013 aos internalizados polo ERTE.
·
Axudas sociais.
·
Cantidades aboadas por
economato.
·
Traballos especiais.
·
Non devolver o fondo de axuda
aínda baixando do 4,8 de índice por enfermidade.
·
Quitar os días de lavado de
mans.
·
Achegas á parte de aforro do
Fondo de Pensións.
·
Unha Paga extra.
A próxima reunión realizarase o 8 de xaneiro.
PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
Hoxe pola mañá reuniuse tamén o Pleno do Comité para valorar o formulado pola empresa para o 2013. Todas as Seccións Sindicais, con excepción de APC que non se pronunciou ao non participar nesta reunión debido a un mal entendido coa convocatoria, coinciden no inmoral das formulacións da empresa despois de que durante o 2012 os traballadores e quen os representamos estivésemos a loitar para conseguir un marco regulatorio da enerxía para a Fábrica.
Coincidimos tamén, en que si a salvación da nosa Fábrica depende de deixar de cobrar un 7% de salario, mal imos. Non esquezamos que os custos laborais globais na nosa empresa son só o 7% de todos os custos, se a iso lle aplicamos un 7% ¿de que cantidade estamos a falar, para unha empresa deste nivel?
Coa reunión de hoxe a Dirección e a RT comezamos unha
serie de contactos previos ao inicio oficial de consultas (15 días) que
comezarán a partir do 10 de xaneiro, momento en que a empresa solicitará o
descolgue do Convenio Colectivo. Neste tempo esperamos recompilar a máxima
información e propoñer á empresa un plan alternativo.
Seguiremos informando.