jueves, 31 de enero de 2013

REDUCIÓN DE CUSTOS PLAN 2013


Despois de chegar a un acordo o pasado 18 de xaneiro para a retirada por parte da empresa do proceso de descolgue de Convenio, a día de hoxe lévanse realizadas 5 reunións deste novo proceso de negociacións que rematará o 15 de Febreiro, con ou sen acordo. Nestas reunións perdeuse moito tempo debido a que a Dirección non quere entregar documentación de todo o que afecta á masa salarial do colectivo non acollido ao Convenio Colectivo. Isto fai que a parte social vexase incapaz de facer propostas conxuntas para os dous colectivos de traballadores de Fábrica. Aínda así, a Representación dos Traballadores (RT) realizou varias propostas. Unha delas argumentando esta falta de transparencia, baséase en que o colectivo PIC se fai cargo do 50% do aforro previsto pola empresa. De de entregar a Dirección a información solicitada, a RT comprometese axustar máis a porcentaxe da proposta.

A RT mesmo contraofertou algunha proposta da empresa, pero cando se trata de fixar algún prazo de retorno de cantidades, a empresa rexéitaas. Isto vén a ser un exemplo máis da pouca seriedade e nivel de incumprimento desta Dirección. O pasado 18 de xaneiro asinou un acordo comprometéndose en este proceso a tratar o retorno de cantidades e agora remítense ao acordo que asinou
Avilés un día despois. No cal non se garante o retorno de ningunha cantidade, estando dispostos ,ao igual que eles, a devolver a prima de resultados dependendo dos beneficios.
A RT defende que o máis equitativo é que o aforro se realice tendo en conta a todos os traballadores (PIC e PFD), ven traballen na planta ou nas dependencias de Madrid, ou teñan só una porcentaxe de salario con cargo a nosa Fábrica. E as cantidades a ter en conta que sexan as que se perciben da empresa e están suxeitas a retención do IRPF. Para CCOO calquera redución de salario para buscar este aforro, tería que ser proporcional ao mesmo impacto que ten o salario de cada traballador na masa salarial total da Fábrica. Por exemplo; se o salario dun só traballador é o 50% do custo total da masa salarial, se houbese que facer un axuste de 100 € a ese traballador corresponderíalle recortar o seu salario en 50 €, e si outro traballador ten un salario con un custe do 10% tería que aportar 5€. Non pode haber ningún tipo de privilexio para ninguén, tal e como pasou co ERTE en vigor, que a empresa escusándose que era motivado por un problema de produción aplicouse desigualmente saíndo claramente prexudicado máis un colectivo co outro.

Outro
debate aberto nas negociacións, é a cantidade de aforro de custes que se lle imputa á Fábrica da Coruña (superior á de Avilés). A empresa argumenta que o custo da masa salarial da Coruña é superior ao ter máis plantilla e salario máis alto. A RT defende que ten que ser menor ou como moito igual, xa que realmente en Avilés existe unha parte de plantilla encuberta de empresas externas, da cal Alcoa non se pode desprender e tena que manter contratada según os pactos de Oviedo, computando o seu custe nun apartado distinto do da masa salarial. Por iso se reflexa que teñen menos custes  de plantilla, cando realmente non é así.

Na reunión de onte a RT realizou novas propostas e detallou a proposta do 50% nos conceptos a ter en conta de cara a buscar ese aforro. O próximo mércores retómanse as negociacións e espérase que contesten a estas novas propostas e á entrega da documentación solicitada.
   
Seguiremos informando...