INFORMA
ENERXÍA
A Coruña, a 3 de Xuño do 2014.
A Dirección convocou hoxe a unha
representación do Comité de Empresa, para informar sobre a nova regulación da
enerxía para grandes consumidores que en
breve entrará en vigor. Segundo a Dirección, o novo marco regulatorio que
mantén a ferramenta da interrumpibilidade, xa pasou os filtros da Comisión
Nacional de Enerxía e da Comisión Nacional da Competencia.
Neste novo escenario as empresas como a nosa, terán que acudir ó mercado
enerxético e puxar para adquirir bloques de enerxía, de 9OMWh e de 5MWh. A
primeira puxa (entrada en vigor o 1 de Agosto 2014)esta prevista neste mesmo
mes, e puxarase pola enerxía de ata o 31 de Outubro deste ano. Logo está
previsto realizar unha segunda puxa pola enerxía necesaria dende Novembro 2014
a Setembro 2015. Es novo sistema esta exposto a cambios en función de cómo se
vaia desenvolvendo.
Tantos cambios na regulación do mercado enerxético e a comprar da enerxía
de ano en ano, non traen máis que desacougo. O cal lle está a servir á empresa como escusa para non acometer as
inversións necesarias de futuro. Esperamos que si este sistema funciona a puxa
se poida facer a un mínimo de tres anos, para ir deixando ser argumentos a
Alcoa.
PLAN DE PENSIÓNS
Ante as consultas de algúns compañeiros que preguntaban si agora despois da
Segregación da Empresa (5 de Febreiro), e ter que facer un novo Plan de
Pensións, si ían ter dos Plans, o vello (Alcoa Inespal) e o novo (Alcoa Inespal
Coruña). Dicir que non, que a solicitude para traspasar os dereitos
consolidados do Plan vello, ao novo, xa esta feita e posiblemente a estas alturas
o traspaso do capital xa se fixo.
O cambio obrigado de Plan de Pensións vai por detrás en tempo da
Segregación, só é una cuestión administrativa, se non se fan as primeiras
aportacións no Plan novo, non se pode abrir a conta, e se non se abre a conta,
no se pode facer o traspaso dos dereitos consolidados do Plan vello.