miércoles, 16 de diciembre de 2009

ALCOA ALICANTE” TEN QUE DEVOLVER AS CANTIDADES DESCONTADAS OS TRABALLADORES POLA REVISIÓN DO IPC NO ANO 2008

O Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade de Valencia dálle a razón os traballadores de Alcoa en Alicante, na demanda que tiñan interposta pola revisión do IPC no ano 2008.
O Tribunal chegou a esta decisión razoando que o artigo 27 do Convenio Colectivo fala sempre de “incrementos salariais” e nunca de minoracións salariais que foi o que aplicou a Empresa no ano 2008. O fallo da sentencia ven a dicir que:

“Estiman a demanda e declaran que a revisión salarial aplicada pola Empresa demandada como consecuencia da revisión do IPC, non resulta procedente, polo que os traballadores nada adeudan a Empresa no ano 2008, e a Empresa ten que reintegrar os mesmos as cantidades indebidamente descontadas e que a decisión unilateral da Empresa demandada de modificar o salario real percibido polos traballadores no ano 2008, non resulta procedente, polo que se ha de manter o mesmo, sendo este salario real o que se ha de ter en conta para o cálculo da subida do ano 2009, procedendo en consecuencia a reintegrar os traballadores as cantidades adeudadas, como consecuencia da minoración do salario”.

Compañeiros e Compañeiras esta demanda aínda que foi presentada polo Comité de Empresa de Alicante, quen estivo a defendela foron os servizos xurídicos de CC.OO., pois foi a Sección Sindical de CC.OO neste centro, que estivo a promover a mesma.
Esta sentencia ven a darnos unha vez máis a razón, na Fábrica da Coruña estamos na mesma tesitura cos compañeiros de Alicante, o noso Convenio esta redactado da mesma maneira co deles. A nosa Sección Sindical leva moito tempo promovendo que se interpoña esta demanda polo IPC, para poder facelo, primeiro temos que facer unha reunión de Interpretación e Vixilancia, esta reunión solicitámola xa por escrito en catro órganos diferentes (xefe de RR.HH, Consello Galego de Relacións Laborais, membros da Comisión de Interpretación e Vixilancia, e Presidente do Comité).
Como xa expresamos en máis dunha ocasión, unha vez se cumpra este requisito arrancaremos a defender este dereito, máis os outro sete puntos que temos pendentes desa reunión.