sábado, 12 de diciembre de 2009

REUNIÓN DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA

Hoxe as 10:30 reuniuse o Comité de Empresa, esta reunión estaba convocada cá seguinte orde do día:

1.Proposta de modificación do Regulamento de funcionamento do Comité de Empresa.
2. Calendario de Fundición.
3. Varios.


No primeiro dos puntos acordouse modificar o Regulamento de funcionamento do propio Comité para que ás convocatorias das reunións do mesmo, se lle poida engadir unha segunda convocatoria por maioría.

Sobre o punto dous acordouse que unha comisión (un de cada sindicato, pertencentes a Fundición) se reúna cós responsables do Departamento e coa Dirección, para ver as posibilidades e necesidades de cada unha das partes, para despois facer unha asemblea cos traballadores da Fundición e ver propostas de posibles calendarios.

En “varios” tratáronse cinco temas:

Proposta de reunión do Comité para unificar unha plataforma de Convenio: Esta proposta foi feita polo Presidente, acordouse facer unha reunión a principios do ano que ven para debater as distintas propostas de cara a facer unha plataforma de Convenio unificada.

Proposta de modificación de Delegados de Prevención: Tamén foi feita polo Presidente do Comité, acordouse incluír este tema na orde do día da próxima reunión.

Proposta de convocatoria da Comisión de Interpretación e Vixilancia do Convenio: Esta proposta fixémola nós, para elo, xa o principio da reunión entregamos dous escritos, un o Presidente, e outro os membros da devandita comisión solicitando a convocatoria da mesma cos seguintes puntos:
• Regularización de retribucións anos 2008 e 2009.
• Acta complementaria do Convenio Colectivo.
• Axuda de estudos 2009.
• Parellas de Feito.
• Polivalentes B.
• Titoría do persoal de novo ingreso.
• Prima de Pastas ó persoal de novo ingreso.
• Gratificación especial do picado preventivo ó persoal de novo ingreso.

Despois de debater tódolos puntos acordouse solicitar a Empresa a convocatoria da Comisión.

Proposta de reunión para elixir os novos representantes na Comisión de Control do Fondo de Pensións: Proposta feita por nós, acordouse facer unha convocatoria extraordinaria do pleno do Comité con este único orde do día.

Esixirlle a Empresa o voltar á plantilla de turno que había o 30 de Marzal 2009 en Series, Fundición e Pastas: Proposta feita por nós, acordouse incluír este punto para Interpretación e Vixilancia.