jueves, 17 de diciembre de 2009

FACENDA ESTÁ A DEVOLVER AS RETENCIÓN FEITAS SOBRE AS AXUDAS MÉDICAS

Como recordaredes, no ano 2008 esta Sección Sindical promoveu unha consulta vinculante á Axencia Tributaria sobre a forma en cos traballadores de Alcoa Inespal tiñan que tributar as axudas Médico-Farmaceuticas que non cubría o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), pero si recollía o noso Convenio Colectivo.

Ese mesmo ano, a Axencia Tributaria recoñeceu que as axudas que tiñamos en Convenio e que non estaban cubertas polo SERGAS, non tiñan que estar suxeitas ó imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). Dende entón tódolos traballadores da Fábrica da Coruña de Alcoa están a beneficiarse da non tributación de impostos por estas axudas.

Unha vez máis esta Sección Sindical síntese completamente satisfeita do traballo realizado, pois tamén estamos a comprobar como a Axencia Tributaria esta empezando a devolver as cantidades retidas indebidamente, nos últimos 4 anos, os traballadores que presentaron o recurso correspondente.

Dende CC.OO., queremos recordarlle a tódolos afiliados que si alguén máis quere facer o recurso para reclamar as cantidades retidas indebidamente, pode poñerse en contacto cos nosos Delegados, ou enviarnos un correo electrónico a dirección abaixo indicada. Agora mesmo os anos con dereito a reclamación son; 2005, 2006,2007.

ss.ccoo.alcoa.coruna@gmail.com