martes, 20 de julio de 2010

ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES

ONTE CELEBROUSE A ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES CONVOCADA CON MOTIVO DA ROTURA DA NEGOCIACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO

No desenrolo da mesma quedou patente o malestar dos traballadores pola “exigua” proposta de Convenio que mantén a Dirección despois de 15 reunións de negociación.

O que máis crispou os ánimos dos asistentes foi o comprobar que a proposta da Dirección para A Coruña, non chegaba a alcanzar o firmado na fábrica de Avilés no último Convenio, tamén estivo presente o malestar pola calamitosa actuación da Empresa en relación á contratación temporal (bolsa de traballadores).

Con estes antecedentes a Asemblea durou máis ven pouco, pois todos estaban de acordo en emprender de inmediato mobilizacións para demostrarlle a Empresa o equivocado da súa proposta, e do seu facer en canto á contratación temporal de traballadores.

Cabe destacar o voto en contra da folga dos dous membros do Comité de APC (Asociación Provisional de Cadros e Mandos), non por esperado si non por contraditorio. Dende sempre sabemos que defenden os intereses da Empresa e non dos traballadores, pois non se consideran tales. Pero por outro hai puntos neste Convenio que lle afectan os seus afiliados, como é a opción de poder incluírse no Convenio Colectivo, que non están dispostos a defender.

Finalmente a xuntanza rematou acordándose facer 3 días consecutivos de folga ante a falta de acordo no Convenio Colectivo e a precariedade na contratación, en fechas a concretar o antes posible.

Por último, queremos salientar que cando estabamos editando este articulo, a prensa de radio, sen saber como se habían informado, puxéronse en contacto con esta Sección Sindical para interesarse pola convocatoria de folga.