ESTE VENRES O PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA CELEBROU UNHA XUNTANZA PARA ESTUDAR A SITUACIÓN DA NEGOCIACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO.
O pasado martes día 6 de xullo, e despois de 15 reunións, a Comisión Negociadora dou por esgotadas as negociacións sen alcanzar as expectativas mínimas para acadar un acordo. Cabe salientar que a oferta da Representación da Dirección (RD) durante a negociación, sempre estivo por debaixo do firmado no Convenio de Avilés o ano pasado, tendo en conta que este Convenio se firmou no momento máis grave da crise coa metade dunha Serie parada.
Con estes antecedentes, o debate no seno do Comité durou moi pouco. Acordouse convocar os traballadores da Fábrica a unha Asemblea Xeral, na cal, o propio Comité promoverá movilizacións co fin de alcanzar un acordo satisfactorio no Convenio Colectivo.
Por último, a Asemblea Xeral acorduose celebrala no Comedor Social o 19 de Xullo, en horarios de 10 da mañá e 4 da tarde.
Dende a Sección Sindical de CC.OO esperamos a túa presenza.
¡¡¡QUE NINGUÉN DECIDA POR TI, PARTICIPA NA ASEMBLEA XERAL!!!