miércoles, 28 de julio de 2010

REUNIÓN DO COMITÉ DE FOLGA

Como xa avanzamos onte, durante a xornada de hoxe reuniuse o Comité de Folga e a representación dá Empresa para firmar o acta sobre o acordo sobre os servizos mínimos. De seguido a este acto, dou comezo unha maratoniana reunión de negociación, que comezou as doce da mañá e terminou a cinco da tarde.

Durante a reunión houbo varios recesos, para deliberar, solicitados pola Representación da Dirección (RD), durante os mesmos a RD foi dándolle forma a unha última oferta económica e tamén propuxo unha pequena modificación no que afecta a contratación eventual para incluír no Convenio, proposta que xa fixera esta Sección Sindical en anteriores reunións para mellorar as constantes interrupcións na contratación eventual.

O Comité de Folga despois de valorar esta última oferta da Empresa, decidiu non desconvocar a folga, pero si aprazala ata consultar ós traballadores na Asemblea Xeral que se celebrará o martes día 3 de Agosto.

Non imos a entrar agora a debullar esta última oferta da Empresa, pois farase na Asemblea, e non queremos prexudicar con elo a afluencia dos traballadores a mesma. Só queremos avanzar que os nosos compañeiros que estiveron nesa reunión, saíron máis ven decepcionados, pois a oferta non é nada proporcional entre o capital que ofrece a Empresa e o prazo que fixa para executalo.

Aínda que podíamos facelo, non imos a estendernos máis, esperámoste na Asemblea Xeral o 3 de Agosto, alí poderás aclarar as dúas e decidirás o teu futuro. Os horarios serán de dez da mañá e catro da tarde.