martes, 27 de julio de 2010

SERVIZOS MÍNIMOS

Tras catro horas de intensa reunión o Comité de Folga e a Empresa chegaron hoxe a un acordo sobre os servizos mínimos necesarios para o mantemento das instalacións durante a folga convocada para os días 3, 4 e 5 de Agosto.

Durante a reunión quedou claro que os servizos mínimos son só exclusivamente para manter as instalacións en condicións de volver a recuperar a normalidade unha vez terminada a folga, e non se poderán utilizar para facer produción, polo tanto acordouse que a Fundición operaría da seguinte maneira:

A partir das dúas da tarde do segundo día de folga (4 de Agosto). A instalación de Placas (V-5), en caso de ser necesario, poderá transformar o metal tal e como lle ven da Electrólises sen engadirlle materias primas.

A partir das dúas da tarde do segundo día de folga (4 de Agosto). A instalación de Tochos (V-1), en caso de ser necesario, poderá transformar metal con materias primas engadidas para darlle máis colabilidade o metal e non minguar a seguridade no proceso. Este aporte de materias primas na V-1, farase de maneira “aleatoria” (aproximada) sen facer cálculos de composición, e sen sacar análises previos, e só se realizará unha colada por turno. Os Servizos Mínimos de esta instalación serán os encargados de amorear os tochos según o procedemento.


Mañá ás doce do mediodía a Empresa e o Comité de Folga reuniranse de novo para firmar o acta sobre este acordo dos servizos mínimos. Seguidamente a este acto a Empresa emprazou ó Comité de Folga a unha reunión de negociación, tal e como prevé a lexislación vixente, para tratar de alcanzar un acordo sobre os temas que motivaron a convocatoria da folga.

Seguiremos informando.