martes, 10 de agosto de 2010

REUNIÓN DE NEGOCIACIÓN

Como xa adiantamos o pasado xoves, hoxe tivo lugar unha nova reunión de negociación entre a Representación Dirección (en diante R.D) e o Comité de Folga (en diante C.F). Comezada a reunión a R.D fixo unha nova proposta económica, que o C.F considerou insuficiente tendo en conta o acordado na última asemblea. A proposta constaba de:

- Vixencia de Convenio: 2010-11-12-13-14
- Plus Turno: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Plus Xornada Frac.: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Prima de vacacións: 75€ (2012), 100€ (2013), 150€ (2014)
- Prima Fixa: 1% (2011), 1% (2012), 2% (2013), 5% (2014) (porcentaxes a aplicar sobre a táboa salarial do 2009).


Esta oferta non chegaba a alcanzar de media por ano, o 0,6% de aumento salarial por riba do IPC real (traballador Nivel 4 Turno), no total dos 5 anos ( 2,75%). Cando na Asemblea de Traballadores fixouse o 1,5% de incremento mínimo por riba do IPC real para desbloquear a situación actual.

Despois de un receso, a R.D fixo unha última oferta salarial, que de novo o C.F considerou insuficiente, cos mesmos argumentos, pois non alcanzaba co mesmo exemplo anterior, o 1% de media de incremento sobre IPC real, no total dos 5 anos (3,80%).

Proposta:

- Vixencia de Convenio: 2010-11-12-13-14
- Plus Turno: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Plus Xornada Frac.: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Prima de vacacións: 75€ (2012), 100€ (2013), 150€ (2014)
- Prima Fixa: 3% (2011), 5% (2012), 5% (2013), 5% (2014) (porcentaxes a aplicar sobre a táboa salarial do 2009).


Tras un novo receso, e co ánimo de chegar a un acordo, o C.F fixo a seguinte proposta:

- Vixencia de Convenio: 2010-11-12-13-14
- Plus Turno: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Plus Xornada Frac.: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Prima de vacacións: 75€ (2012), 100€ (2013), 200€ (2014)
- Prima Fixa: 3% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 15% (2014) (porcentaxes a aplicar sobre a táboa salarial do 2009).


Con esta proposta o incremento medio por ano (despois do IPC real) para un traballador a Turno con Nivel 4 sería do 1,14%, e o mesmo traballador a xornada tería un incremento do 1,34%, as porcentaxes acumuladas despois de IPC real nos 5 anos de Convenio serían 5,70% e 6,71% respectivamente.

Tras un corto receso a R.D dixo que non podía aceptar a proposta do C.F, e solicitou do mesmo que considerase a última proposta feita por eles. O C.F díxolle a R.D que a proposta non alcanzaba o acordado na Asemblea, e polo tanto a Folga estaba convocada e levaríase a cabo.

Seguiremos informando.