viernes, 13 de agosto de 2010

REARRANQUE EN ALCOA AVILÉS

Os compañeiros de Avilés conseguiron o pasado venres poñer en marcha a primeira cuba de Electrólises.

O pasado venres, tras largas horas de intenso traballo e tensión, os compañeiros Asturianos conseguiron poñer en marcha a primeira cuba “nodriza”, este gran logro permitirá a partir de agora ir estendendo o rearranque ás demais cubas de maneira menos crítica e máis rápida.O Xefe de Planta anunciaba este feito pasadas as sete da tarde do mesmo día agradecendo e recoñecendo o esforzo feito por tódolos traballadores.

Membros da Sección Sindical de CC.OO da Planta Avilesina estiveron presentes durante todo o proceso, acompañando e apoiando ós compañeiros neste duro traballo, e manifestaron sentirse totalmente satisfeitos do resultado do arranque que asegura nada menos co futuro de tódolos que traballan na Fábrica.

Dende a Sección Sindical de CC.OO da Fábrica da Coruña aproveitamos para darlle ánimos e recoñecemento a gran labor realizada por tódolos traballadores da Fábrica de Avilés, que levan loitando máis de dous meses para reinvertir a situación catastrófica en que os deixou as inundacións sufridas a madrugada do 10 de Xuño.

¡¡¡ ÁNIMO COMPAÑEIROS XA FALTA MENOS !!!