jueves, 12 de agosto de 2010

O COMITÉ DE FOLGA E A EMPRESA CHEGARON A UN PREACORDO SOBRE A PARTE ECONÓMICA DO NOVO CONVENIO.

Ás dez da mañá de hoxe, o Comité de Folga (en diante C.F) e Representación da Empresa (en diante a R.D), mantiveron unha reunión extraordinaria de negociación, convocada onte a última hora da mañá pola R.D.

Apurando o tempo de que se dispón ata o comezo da Folga, a R.D fixo unha nova oferta baseada en engadirlle á última proposta económica que fixeran (10/08/10), as seguintes melloras sociais:

- 1 día natural por Bautizo, ou similar doutra relixión dos fillos de traballadores.
- 1 día natural por Primeira Comunión, ou similar doutra relixión dos fillos de traballadores.
- 1 día natural por por matrimonio de pais do traballador.
- No caso de permiso por hospitalización, si houbera dous ou máis familiares con dereito a dispoñer deste permiso, este poderá collerse de maneira consecutiva mentres dure a hospitalización, sendo o primeiro permiso coincidente coa data do feito causante.
- Axuda á Gardería, na mesma contía que Educación Infantil.
- Ampliación da xornada intensiva ó mes de maio, a partir do ano 2011.
- Contratación Eventual, incluír no Convenio a prorroga de hasta 12 meses nun período de 18 meses dos contratos de duración determinada por causas da produción, acumulación de tarefas e excesos de pedidos, según o establecido na lexislación vixente.

Despois dun receso o C.F comunicoulle a R.D que aínda que agradecía a mellora social na proposta da R.D, esta seguía sendo insuficiente economicamente. Seguidamente o C.F fixo unha nova proposta, elaborada durante o receso, que aínda mantendo en valor a da última do C.F do 10 de Agosto, facíao a través doutra das reivindicacións da Plataforma de Convenio, como é a aportación dos traballadores ó Fondo de Axuda.

PROPOSTA:

Aportación máxima do traballador o Fondo de Axuda o 0,5% do salario bruto (actualmente no 1%). Máis o ofrecido pola R.D na última proposta económica (10/08/10):

- Vixencia de Convenio: 2010-11-12-13-14
- Plus Turno: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Plus Xornada Frac.: 5% (2011), 5% (2012), 10% (2013), 10% (2014)
- Prima de vacacións: 75€ (2012), 100€ (2013), 150€ (2014)
- Prima Fixa: 3% (2011), 5% (2012), 5% (2013), 5% (2014) (porcentaxes a aplicar sobre a táboa salarial do 2009).

Todas as melloras sociais propostas anteriormente pola R.D., máis:
1 día natural por finamento de Tíos consanguíneos do traballador.
Mesmo permiso que temos en Convenio para o nacemento de fillos, tamén para a adopción.

Tras un novo receso, para deliberar, a R.D comunicoulle o C.F aceptaban esta proposta do C.F, pero matizando que a aportación do 0,5% como máximo do salario bruto do traballador ó Fondo de Axuda, sería a partir do 2011, e o permiso de adopción se integraría nos permisos da Lei de Igualdade. Tras uns breves comentarios entre os membros do C.F, aceptouse o matizado pola R.D, e firmouse un preacordo recollendo tódolos puntos.

Esta acordo económico arroxa os seguintes porcentaxes de incremento:

(Traballador a 21 Turnos Nivel 4) (IPC real estimado para o cálculo 1%)
- O incremento de media por ano, aparte do IPC real é do 1,18%
- O incremento total dos 5 anos de Convenio, aparte do IPC real é do 5,91%

(Traballador a Xornada Nivel 4) (IPC real estimado para o cálculo 1%)
- O incremento de media por ano, aparte do IPC real é do 1,31%
- O incremento total dos 5 anos de Convenio, aparte do IPC real é do 6,53%

Alcanzado este preacordo sobre a parte económica o C.F decidiu desconvocar folga para os días 13, 14 e 15 de Agosto. Agora queda por cerrar a parte de revisión do texto de Convenio antes de presentar o preacordo completo a Asemblea de Traballadores.

Seguiremos informando.