miércoles, 22 de diciembre de 2010

ACTO DE PROTESTA POLO CAMBIO ORGANIZATIVO NO RETEN DE MANTEMENTO CENTRAL

Hoxe as 13:30 horas, tivo lugar unha recollida de firmas entre os traballadores de Mantemento Central para protestar pola nova organización co Departamento quere implantar a partir do 1 de Xaneiro, no reten electrólises.


Este acto de protesta ven motivado porque a nova organización do reten, acentúa os riscos para o persoal deste servizo ó pretender que traballadores especialistas en electricidade colaboren en traballos de mecánica e viceversa. A nova organización tampouco ríspeta a categoría profesional dos traballadores nin a descrición do seu posto de traballo. Ó mesmo tempo que pon en serio perigo a produtividade e viabilidade da Fábrica o non poder atender, “con garantías”, as averías de gran calado ó reducir a metade os efectivos deste servizo.


Ó remate do acto o escrito coa recollida de firmas foi entregado a Dirección da Planta para que reconsidere a súa postura. De non facelo, o Comité de Empresa anunciou o endurecemento das accións de protesta.

Seguiremos Informando.