lunes, 20 de diciembre de 2010

RETEN DE MANTEMENTO CENTRAL

2ª REUNIÓN:

Hoxe pola tarde, a Comisión do Comité de Empresa foi citada de novo para co Xefe do Departamento de Mantemento expuxera a súa postura, despois de haber estudado tódalas críticas que os membros da Comisión fixeran na primeira reunión. Pois ben, o resultado e que non trocou en nada a postura da Empresa. O único que fixo o responsable de Mantemento, foi tratar de argumentar a decisión do cambio na estrutura do retén, baseándose nun aforro duns 30.000€/ano en conceptos fixos, ó reducir o número de compoñentes do reten.

Tamén adiantou, que esta nova organización comezaría a funcionar a partir do 1 de Xaneiro do 2011, vendo logo mensualmente si era necesario facer algunha modificación na mesma. Por outro lado, non aclarou si CPS ía facer o reten de electrónica máis o de informática. O que si dixo, e que tiña pensado que os mecánicos e electricistas de turno participaran nas avirías do reten, si eran reclamados polo coordinador de Planta.

Os representantes da Comisión rexeitaron todo o exposto pola representación da Empresa, e advertiron de que a nova organización poñía en perigo á Fábrica, o non ter unha cobertura axeitada ante avirías importantes, e que non o permitirían.

Finalizou a reunión sen acordo algún. O Comité de Empresa convocou de inmediato unha reunión con tódolos traballadores de Mantemento Central para mañá ás 17:30 horas no comedor social.

Seguiremos informando.