martes, 14 de diciembre de 2010

CCOO GAÑA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN ALCOA AMOREBIETA

No día de onte celebráronse eleccións sindicais na Fábrica de Alcoa en Amorebieta. CCOO conseguiu ser a lista máis votada con 169 votos dun total de 494 votos validos, conseguindo cinco delegados no Comité de Empresa. O resto dos resultados foron os seguintes: LAB 140 votos (5 delegados); UGT 97 votos (4 delegados); ELA 54 votos (2 delegados); ESK 34 votos (1 delegado).

Con estes bos resultados os traballadores recoñecen o gran traballo desenrolado nos últimos catro anos pola Sección Sindical de CCOO, onde se tiveron que enfrontar a situacións moi complicadas como restructuracións e Expedientes de Regulación de Emprego.
Dende a Sección Sindical de CCOO da Fábrica de Alcoa na Coruña, queremos enviarlles os nosos parabéns, e animalos a que sigan desenrolando esa gran labor.

Por último, tamén queremos informar que na Fábrica da Coruña o proceso electoral xa esta activado despois de que esta Sección Sindical preavisara do inicio de eleccións o pasado 23 de Novembro. O primeiro acto terá lugar o próximo 23 de Decembro, coa constitución das distintas mesas electorais.

Seguiremos informando.