jueves, 14 de julio de 2011

ENCERRO DO COMITÉ DE EMPRESA


O Comité de Empresa levou a cabo onte o encerro de 24 horas que tiña anunciado como unha das súas accións de mobilización o non presentar a Empresa ningún plan industrial e seguir mantendo a rescisión de contratos eventuais como alternativa de futuro da planta.

Ás 11:45 da mañá o Comité dou unha rolda de Prensa á entrada da Fábrica informando ós medios das pretensións da Dirección e da crítica situación pola que atravesa a Fábrica debido ás deficientes xestións que se fixeron da mesma.

O longo do día o Comité de Empresa recibiu gran cantidade de comunicados de apoio e solidaridade dende os Comités de Empresa e as distintas Seccións Sindicais dos Centros de traballo que Alcoa ten no pais.

A Dirección saíu ó paso das declaracións do Comité de Empresa quitando un nota de prensa tratando de difuminar a realidade volvendo a falar, unha vez máis, da inversión da modernización das Series e incluso facendo alarde dunha inversión para modernizar o Laboratorio e dicindo que non ían despedir a ninguén que so se trataba dunha non renovación de contratos.

Esta Sección Sindical ten moi claro que a Dirección non ten ningún plan industrial de futuro para A Coruña. O único obxectivo que persegue, é a redución do plantel, sen máis, sexan cales sexan as necesidades de man de obra nas instalacións, deixando á competitividade e ó futuro da Fábrica nun segundo plano. Porque de querer atacar os problemas reais da planta, deberían de buscar outras alternativas, e si non teñen esa capacidade aplicarían as propostas feitas pola Representación dos Traballadores, que demostraron cos números da Dirección ser capaces de afrontar os retos que se nos presentan a corto e medio prazo.


Xa estamos fartos das faltas de criterio tan grandes que existen entre a xestión dunha Dirección e outra, si antes internalizabamos traballos, agora non…. firmaron un Convenio, logo non o queren aplicar…. fixeron unha bolsa de traballo, agora non a queren…. Así é imposible que está Fábrica teña a competitividade que se persegue, máis cando o primeiro propósito de xestión é o de investir o menos posible e de ser o centro que menos gasta en mantemento, a pesar de ter as instalacións máis vellas.

Por todo isto CCOO manifesta que a solución a este conflito pasa por investir na Fábrica, no é cuestión de botar a 30 ou a 20 traballadores, seguiríamos igual. Ós plantexamentos da Dirección prodúcemos a máis absoluta repulsa e emprazamos a mesma a que reconsidere a súa postura retirando a rescisións de contratos do seu plan. De non ser así, esta Sección Sindical poñerá en marcha tódalas ferramentas disuasorias de que dispón para defender ós traballadores desta agresión.

Por outro lado ofrecemos o noso apoio incondicional a tódalas accións que o Comité de Empresa emprenda na defensa do futuro da Fábrica . E pedimos o mesmo apoio ós nosos afiliados e afiliadas e a tódolos traballades en Xeral, xa que estamos convencidos que si nos mantemos unidos gañaremos o futuro para a nosa Fábrica.

NOTICIAS SOBRE O ENCERRO DO COMITÉ:

http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/23533-noticia-coruna

http://radiocoruna.com/radio-coruna-cadena-ser/encierro-del-comite-de-empresa-de-alcoa-inespal-como-protesta-por-la-eliminacion-de-59-puestos-de-trabajo/gmx-niv38-con6876.htm

http://www.crtvg.es/esta-pasando/o-comite-de-alcoa-inicia-un-peche-para-pedir-un-plan-de-viabilidade-e-a-renovacion-de-59-contratos-eventuais

http://www.laopinioncoruna.es/economia/2011/07/13/trabajadores-alcoa-coruna-piden-rescindir-59-contratos/514010.html

http://www.20minutos.es/noticia/1109827/0/

http://www.europapress.es/galicia/noticia-alcoa-niega-despido-59-trabajadores-coruna-admite-no-renovara-algunos-contratos-20110713180521.htm

Seguiremos informando.