miércoles, 6 de julio de 2011

MOBILIZACIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA

O Comité de Empresa enviou hoxe unha carta o Presidente de Alcoa Klaus Kleinfeld e ós responsables de Europa Marcos Ramos e José Ramón Camino denunciando a pésima xestión da Fábrica, e solicitando inversións para a viabilidade da mesma.

A carta expón a situación actual e as propostas de aforro de custes e competitividade feitas polo Comité de Empresa, que duplican en aforro ás da Dirección e tendo en conta que as propostas están feitas cos números aportados pola RD. Ademais explicase que o contrario das propostas de RD, as propostas do Comité de Empresa levan asociada unha mellora da produtividade actual e de futuro .

O mesmo tempo nesta comunicación solicitase á alta Dirección da Compañía a presenza dun responsable con capacidade de decisión no tocante a inversións devido a falta desta capacidade mostrada pola RD na Mesa da Competitividade, solicitase tamén unha auditoría sobre os prezos das empresas auxiliares e do aluger de vehículos para que sexan comparados cos prezos de mercado.

Esta é unha das accións que o Comité de Empresa emprendeu unha vez que anunciou a súa mobilización na última reunión da Mesa de Competitividade despois de que a Dirección se mantivera na súa postura aplicar a mobilidade de persoal e a saída da Fábrica de 13 traballadores. Si a Dirección non rectifica antes, A seguinte acción levarase a cabo o vindeiro mércores 13 de Xulio, co encerro do Comité de Empresa e roda de prensa incluída para explicar os medios de comunicación o desastre de xestión que se esta a facer da Fábrica e da situación da mesma. Durante a xornada de encerro o Comité reunirase para acordar un calendario de accións inmediatas para conseguir que a Dirección depoña a súa postura e escoite as propostas do Comité de Empresa.

Seguiremos informando.