miércoles, 27 de julio de 2011

NOVA REUNIÓN DA MESA DE COMPETITIVIDADE

Na reunión de hoxe a RD presentou un plan de inversións e proxectos para a planta a desenrolar no que queda do ano 2011 e durante os anos 2012 e 2013. Entre os proxectos de inversións previstos están a instalación do Gas Natural, e a ampliación de capacidade dos fornos na Fundición, sobre os mesmos xa se iniciaron os tramites de solicitude de subvencións no IDAE, así como o estudo de distintas posibilidades de financiamento.

Outras inversións previstas na Fundición son as seguintes:

- Novo desgaseado para a vertical de Tochos.
- Novos queimadores para os fornos.
- Nova pinza de extracción de Placas.
- Novas Caixas de augas para novos produtos (Placas).
- Nova capota extracción gases H5A.
- Nova iluminación.
- Arrincadores en V5.
- Novo PLC (automatización) serra de Tochos.
- Alimentador de Placas na Serra Guinot.
- Melloras na rede de auga industrial.
- Melloras en Mesas de Colada.

Outras inversións e melloras na planta:

- Melloras na Subestación: Trafos, rede de distribución, equipos de medida…..
- Melloras na Subestación no sistema de Alta e Baixa Tensión.
- Cambio lucernario Serie 1.
- Mellora filtrado en Silos e transporte Alúmina.
- Nova iluminación na Torre de Pastas.
- Melloras nos puentes AA e vías de rodadura.
- Melloras no sistema de captación de gases de Serie 2.
- Melloras na Presa.

A RT valorou positivamente a presentación deste plan industrial. E solicitou a maiores a elaboración dun proxecto para a fabricación de Tochos a 7 metros de lonxitude, e tamén a necesidade de incluír a volta á fabricación de Pasta Fría entre os proxectos a levar a cabo. A RD respondeu afirmativamente e elaborará un estudo sobre o solicitado.

Como contrapartida a non externalización do serrado e da carga&descarga na Fundición, estudáronse algunhas opcións de flexibilidade como: a creación da figura dun forneiro e tamén a creación dun bolsa de polivalentes a xornada para dar apoio os turnos e reforzalos por faltas de persoal. Sobre a preparación de fornos, a RT foi bastante reticente aventurando unha excesiva carga de traballo nesta tarefa e a posibilidade de conflitos entre os distintos equipos de traballo. Finalmente acordouse facer algunha proba para sacar conclusións de cara a conveniencia, ou non, da súa implantación.

Sobre a mobilidade de 13 traballadores a RD manifestou, unha vez máis, a intención de levala a cabo. A representación da CIG, dixo non estar de acordo coa mobilidade, abandonando seguidamente a reunión. Seguidamente a RD informou que non sería necesario rescindir outros tantos contratos (sen precisar cantos) debido ás peticións voluntarias de traslados a outras factorías, baixas incentivadas e a proba da internalización de algún traballo.

Antes de terminar a reunión a RD comunicou que estaba disposta a incentivar economicamente a baixa de calquera traballador que nacera no ano 53, ou posterior, para seguir reducindo o número de afectados pola rescisión de contratos eventuais.

A reunión rematou convocándose unha nova reunión para o próximo venres día 29.

Seguiremos informando.