viernes, 15 de julio de 2011

REUNIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA CO ALCALDE DE ARTEIXO

Hoxe pola mañá unha representación do Comité de Empresa acudiu ó Axuntamento de Arteixo onde se entrevistou co Alcalde Carlos Calvelo. A Representación do Comité de Empresa (RCE) informou ó Alcalde da grave situación pola que esta atravesando a Fábrica debido á falta de inversións que melloren a súa produtividade e do conflito aberto actualmente coa Dirección por pretender esta maquillar o problema eliminando postos de traballo.

Durante a entrevista a RCE tratou o problema do incremento dos costes da enerxía eléctrica e de como podía axudar o Axuntamento no mesmo. Tamén se informou da necesidade de instalar o Gas Natural no Departamento da Fundición, para o cal era necesario que as distintas administracións concederan a Fábrica da Coruña as mesmas oportunidades en materia de subvencións que a outras Fábricas do Grupo. A RCE recalcou varias veces a necesidade deste tipo de axudas, pero tamén recalcou da necesidade de que as axudas sexan condicionadas a un mantemento do emprego e da actividade empresarial.

O Alcalde mostrou grande interese por todo o comentado pola RCE, e fixo varias preguntas ó mesmo tempo que ía facendo apuntes. Antes de terminar dixo que pola súa parte ía a facer todo o posible para axudar a resolver os problemas expostos, o mesmo tempo que intercedería no seu partido para botar unha man.

Seguiremos informando.