jueves, 11 de agosto de 2011

DIFAMAR, DIFAMAR… QUE ALGO A DE QUEDAR

Iso é o que están facendo os nosos compañeiros de reparto no Comité de Empresa (CIG & UGT) dicindo que CCOO ten un “preacordo” firmado coa Dirección sobre competitividade, e que íamos a asemblea para aprobado en votación. O promotor de todo isto é a Dirección que o 2 de Agosto, moi habilmente, quitou unha nota dicindo que na asemblea íase a votar un preacordo que tiña cunha parte da RT, contradicindo incluso a acta da reunión do 1 de Agosto (que está sen aprobar e firmar) “convocarase asemblea de traballadores para informar ós traballadores” e contradicindo tamén a orde do día da convocatoria da asemblea “situación do plan de competitividade”.

Ás demais centrais sindicais entraron o trapo desta infamia rapidamente, seguramente polas gañas que teñen de arremeter contra CCOO, xa que aínda non pasaron o trago dos resultados das últimas eleccións sindicais. Rebentaron a asemblea impedindo que os traballadores se informaran da situación actual das negociacións e non contentos con iso, agora están espallando distintos listados con nomes e apelidos, datas de nacemento e antiguedade pola Fábrica sen máis explicación, confundindo máis si cabe ós propios traballadores. Está visto que a Dirección finalmente está conseguindo o seu obxectivo de fracturar a unión amosada ata agora polo Comité de Empresa e que estaba a complicarlle os seus plans.

Queremos deixar claro que CCOO NON TEN NINGÚN PREACORDO, é máis, nin sequera se postulou en ningunha reunión aceptando o avanzado nas reunións ata agora, COUSA QUE “SI” FIXO ALGUNHA OUTRA SECCIÓNS SINDICAL. Nos non imos a dicir quen foi, non é o noso estilo “enmerdar” as cousas para tratar de quitar proveito, diso xa se encargan os demais, pero tempo o tempo, como di o refraneiro “pillase antes a un mentireiro que a un coxo”. O que si queremos, é que a Dirección ou calquera que di que temos un preacordo firmado, que o publique na Fábrica, xa que de non ser así, temos que dicir que os nosos servizos xurídicos están estudando os feitos para interpoñer a correspondente demanda por difamación e calumnias.

O 8 de Agosto, a CIG publicou na súa paxina Web, que na asemblea íase a votar un “suposto” preacordo que CCOO tiña coa Dirección. Esperemos que o acusar publicamente a alguén de suposto autor dunha irregularidade ou delito, sen habelo, non sexa un delito en si, porque si é así, os nosos servizos xurídicos terán un pouquiño máis de traballo. Non entendemos como tres días antes da asemblea a CIG publica na Web, que a asemblea é (palabras textuais): “para expoñer a proposta que presentou a Empresa para sometela en referendo”. O que máis nos estraña, e que xunto coa Dirección sexan os únicos que falan (ese mesmo día), de votacións e referendos na asemblea, contradicindo o que pon a orde do día da convocatoria da asemblea e a acta do 1 de Agosto. Temos claro que non se pode enganar a xente toda a vida e a verdade, tarde máis ou menos, sairá a luz e poñerá a cada quen no seu lugar.

É verdade que a CIG se levantou da mesa o 27 de xulio, pero tamén é verdade que lle faltou tempo para ir ó día seguinte a pedir desculpas a Dirección por este feito e a comprometerse a seguir acudindo ás reunións, de feito estivo de novo presente na reunión do 1 de Agosto, onde entre outros puntos trataronse os da mobilidade e a rescisión de contratos.

O que dende logo non imos admitir é que se diga agora que a UGT se levantou da mesa, porque non estaba de acordo co plantexado pola Dirección, ISO NON É VERDADE. A UGT levantouse da mesa porque CCOO non admitiu a súa proposta de que o contrato de relevo se lle dera preferentemente ós traballadores que lle ían rescindir o contrato temporal de obra e servizo. CCOO negouse rotundamente a isto, manifestando que xamais aceptarían que o contrato de relevo se executara sen ser por orde de entrada na empresa. Esta é unha reivindicación do Comité de Empresa que xa pasou pola Comisión de Interpretación e Vixilancia o 28 marzo, e está pendente de meter no xulgado despois de renunciar a Empresa á mediación do AGA. Esta é unha das razóns. Outra é,que existe un acta firmada (24.03.10) polo anterior Presidente do Comité e o anterior Xefe de planta onde se recoñece un dereito preferente de contratación por calquera motivo ó colectivo contratado en outubro 2009 polo rearranque. A proposta da UGT deixaría fora do contrato de relevo o persoal máis antigo deste colectivo ofertando ese contrato a persoal que entrou posteriormente.

Agora empezamos a entender porque na anterior lexislatura mentres os traballadores contratados en outubro 2009 quedaban nas súas casas, ós traballadores contratados posteriormente para cubrir vacacións sen compromiso de continuidade algún, continuaban traballando.

O próximo martes 16 de Agosto, a Dirección convocou unha nova reunión da Mesa de Competitividade. CCOO acudirá a esta cita, pero que quede claro que esta Sección Sindical non ten ningunha atadura con ninguén, o único que nos move é o compromiso cos traballadores.

Seguiremos Informando.