viernes, 26 de agosto de 2011

ULTIMA OFERTA DE COMPETITIVIDADE

O Comité de Empresa entregou a todos os traballadores a última oferta de competitividade da Dirección, para que a coñezan e a valoren antes do referendo que o Comité convocou por unanimidade para o próximo 30 de Agosto.

CCOO valorou internamente esta última oferta, primeiro en reunión da Sección Sindical e logo en Asemblea de afiliados. O resultado global deste proceso interno é favorable a “esta” proposta, aínda que hai puntos como a mobilidade funcional cos que non estamos de acordo. De feito, témola denunciada no AGA e tamén na Inspección de Traballo, aínda así, seguimos negociando este punto conseguindo a non amortización nin externalización de ningunha praza de Mantemento mentres non se lles de opción de retorno a estes traballadores.

CCOO non pode, nin vai renunciar a 34 contratos indefinidos garantizados pola Dirección nos próximos 16 meses. Pódese facer a demagoxia que se queira con isto, ala cada quen. A realidade e que con esta proposta da Dirección todo o colectivo de traballadores contratado en Outubro 2009 (rearranque), máis todos os traballadores a día de hoxe que teñen un contrato de obra e servizo terán un contrato indefinido non máis ala do 31-12-2012 (34 en total, 16 como mínimo en 2011). CCOO segue apostando polo emprego, estable e de calidade o igual que en Marzo 2009, que se aguantou da contratación eventual aínda a base de facer mobilidades.

Non entendemos a postura da UGT neste proceso, están a cambiar o criterio dun día para outro, sen máis. Agora din que non lles vale esta proposta e piden “o non” no referendo, cando o 27 de Xullo, o seu representante pronunciouse dicindo que lle valía a oferta que había enriba da mesa (só 17 contratos de relevo), pero quería que o contrato de relevo llo deran preferentemente ós traballadores de obra e servizo os que lles ían rescindir o contrato. CCOO opúxose rotundamente a tal cousa, porque deixábase sen o contrato de relevo a máis da metade do colectivo contratado en Outubro 2009, para o cal existe un acordo firmado de preferencia na contratación polo anterior Director e anterior Presidente do Comité (24-03-10). ¿Por qué agora non valen 34 contratos indefinidos, será porque os conseguiu CCOO?. Están a facer política xogando cos postos de traballo dos eventuais. Visto isto, CCOO solicitará á Dirección que se graven as reunións para que ninguén eluda a súa responsabilidade e se aguante do que se di.

Á CIG non lle vale nada, nin lle valerá, pero xa o sabíamos antes de empezar as negociacións. A CIG está en plena campaña electoral a tres anos e medio do proceso. Andan todo o día con botes de fume nos petos para votarllo nos ollos os traballadores, buscando ós máis prexudicados por este proceso e largarlles o discurso doado aproveitándose da súa situación emocional. Puxeron unha denuncia na Inspección de Traballo pola contratación eventual, poñendo en risco a continuidade na Fábrica deste colectivo e tratando de abortar a última proposta da Dirección con 34 contratos indefinidos. A denuncia tería o mesmo efecto de poñela cando se rescindan os contratos. O facelo antes, en pleno proceso de negociación é expoñer ós traballadores eventuais a posibles represalias por parte da empresa.

O 19 de Agosto tamén tiñan na Inspección unha denuncia polos recoñecementos médicos. Aínda ven non empezada a reunión, o Xefe de EHS dixo que o problema da firma da cesión de datos a FREMAP estaba resolto facía varios meses e que os traballadores xa estaban a realizar o recoñecemento sen esixírselles ese requisito. Pois ben, o 22 de Agosto, a CIG publica no seu Blog “Parece mentira que despois de de máis de un ano de conflicto con este tema, teñamos (a CIG) que por unha denuncia na inspección de traballo e que se solucione nun momento o que era imposible de facer” ¿Cómo se pode mentir desta maneira? Isto é o que fai a CIG na Fábrica mentir e apropiarse do traballo dos demais. O problema resolveuno o Xefe de EHS conxuntamente con CCOO, que se puxeron en comunicación coa Axencia de Protección de Datos meses atrás para aclarar o mal entendido. Descubrindo finalmente que FREMAP estaba facendo unha sobre protección do seu sistema sen ser necesario. Xa o 7 de Xullo, o Xefe de EHS comunicou por correo interno ós Departamentos a solución do problema e que os traballadores xa podían realizar o recoñecemento da saúde sen ter que firmar a cesión dos seus datos.

Aclarados estes puntos, dicir por último que valoramos moi positivamente o avanzado nas negociacións ata agora e recordamos que parte da proposta inicial da Dirección é rescindir practicamente a contratación eventual na Fábrica, aparte de externalizar 17 postos de traballo na Fundición, e a iso dóeselle a volta. Coma xa dixemos CCOO aposta polo emprego, a última proposta ofrece emprego estable e de calidade, 34 postos de traballo indefinidos. Si a situación era mala de por si, hoxe o Consello de Ministros aprobou eliminar a obrigación de facer fixos ós traballadores que solapen contratos temporais. Por todo isto e porque non somos alleos a situación que está atravesando o pais. CCOO VOTARÁ SI NO REFERENDO.

¡¡¡XA ESTA BEN DE TANTA POLÍTICA E TANTA DEMAGOXÍA!!!

Compañeiros e Compañeiras CCOO pídevos que no referendo votedes SI.

¡¡¡VOTA UN “SI” POLO EMPREGO !!!