martes, 16 de agosto de 2011

MESA DE COMPETITIVIDADE

Na reunión de hoxe a RD contestou a unha serie de puntos que o Comité de Empresa pediu aclarar despois da Asemblea do pasado 5 de Agosto.

Fixación de datas dos estudos de futuras inversións: O 28 de Outubro, é a data que a RD di que terá cerrados os estudos da enxeñaría da ampliación do forno na V-5 e da fabricación de Tochos a 7 metros de lonxitude.

Gas Natural: A RD informou que o 5 de Agosto, presentáronse no IDAE as solicitudes das subvencións correspondentes.

Baixas incentivadas a persoal de Convenio: A RD aclara que estas ofertas serán para persoal que non teña dereito ó Contrato de Relevo durante o 2011 e 2012.

Mobilidade Funcional firma de “Non conforme”: A RD comunica que a posteriori da firma de comunicacións de mobilidade abriu a posibilidade de que todo o persoal implicado que quixera firmar a comunicación como “non conforme”, o fixera, e que si alguén aínda quería facelo que podía.

Porcentaxe de eventualidade na Fábrica: A RD di que non fixará a futuro ningún porcentaxe de eventualidade na Fábrica, que o xestionaran como mellor poidan e que nos tempos que corren son das empresas que menos eventualidade xestionan.

Horas Extras: A RD di que estarán o ditado no Convenio Colectivo.

Aclarados estes puntos CCOO solicitou que constara na Acta do día o seguinte:

A Dirección quitou unha comunicación o 2 de Agosto dicindo que tiña un preacordo firmado coa RT, deixando entrever que era con CCOO. Esiximos que a Dirección publique na Fábrica tal preacordo e sexa lido nas charlas breves tal e como fixo co seu comunicado. Se non é así, porque resulta que non ten tal preacordo, esiximos que rectifique o dito na súa comunicación.

Na acta do día 27 de Xulio queremos que aparezan os pronunciamentos da UGT, e a posterior controversia xurdida con CCOO, por non aceptabamos que o Contrato de Relevo se ofertara preferentemente ós traballadores que saían, deixando sen el, a boa parte do colectivo contratado en Outubro 2009, moito máis antigo, esquecendo ademais o compromiso firmado de preferencia na contratación que teñen.

Que se faga acta da reunión do 29 de Xulio, xa que a UGT di que se levantou da mesa, para iso ten que haber reunión, e si hai reunión ten que facerse acta e recoller nela os feitos e motivos do levantamento e tamén queremos que conste a postura de CCOO.

Referente as negociacións CCOO comunicoulle a RD o seguinte:

Non é aceptable a Mobilidade Funcional en ningún posto de traballo mentres existan empresas externas que permanezan nos mesmos postos e servizos obxecto da mobilidade. Isto xa se mencionou na reunión do 27 de Xulio e por certo tampouco aparece na acta.

Seguimos mantendo que había un compromiso de levar a cabo unha proba de internalización de algún traballo e agora non se recoñece isto. Tamén se dixo na reunión do 27 de Xulio e tampouco aparece na acta.

Non admitiremos que ninguén do colectivo contratado en Outubro 2009, con un compromiso firmado de preferencia na contratación, se quede sen contrato de relevo ou indefinido. Ademais queremos que por esta reorganización, ós traballadores que se lles rescinda o contrato de obra/servizo e non sexan deste colectivo, se lles asegure un contrato de relevo ou indefinido.

Queremos que a empresa se comprometa a non amortizar ningunha praza na Fábrica que poida ser ocupada polo retorno de persoal obxecto da mobilidade funcional. Ademais queremos que non se amortice a praza de ferramentista que vai quedar vacante na Fundición, por considerala de vital importancia para o Departamento.

Queremos saber cantas baixas incentivadas voluntarias vai haber en persoal de Convenio, para saber a cantos traballadores finalmente vai afectar a rescisión de contratos. Queremos tamén que a Dirección faga un maior esforzo na negociación con outros centros para que os traballadores que pediron o traslado voluntario teñan mellores garantías.

A RD, dixo que estudarían o dito por CCOO e resto das Seccións Sindicais e que contestarían mañá no transcurso dunha nova reunión.

Seguiremos informando.