lunes, 1 de agosto de 2011

MESA DE COMPETITIVIDADE

Hoxe celebrouse a reunión da Mesa de Competitividade aprazada o pasado venres. A Representación da Dirección despois de facer balance da situación das negociacións e contestar ás aclaracións pedidas pola Representación dos Traballadores, dixo que elaboraría un documento a modo de preacordo recollendo todo o avanzado nas negociacións ata agora, máis as distintas cláusulas que se deberían de aplicar en calquera caso.

A Representación dos Traballadores contestou que non recoñecía ningún preacordo, en todo caso, o avanzado sería presentado ós traballadores da Fábrica, en Asemblea Xeral, e serían os propios traballadores os que decidirían si o mesmo alcanzaba o mínimo necesario para ser aprobado.

Rematada a reunión o Comité de Empresa convocou unha Asemblea Xeral por este motivo para o próximo venres 5 de Agosto, en horarios de 10 da mañá e 4 da tarde.

Seguiremos informando.