Despois de chegar a un acordo o pasado 18 de xaneiro para
a retirada por parte da empresa do proceso de descolgue de Convenio, a día de
hoxe lévanse realizadas 5 reunións deste novo proceso de negociacións que
rematará o 15 de Febreiro, con ou sen acordo. Nestas reunións perdeuse moito
tempo debido a que a Dirección non quere entregar documentación de todo o que
afecta á masa salarial do colectivo non acollido ao Convenio Colectivo. Isto fai que a parte social vexase
incapaz de facer propostas conxuntas para os dous colectivos de traballadores
de Fábrica. Aínda
así, a Representación dos Traballadores (RT) realizou
varias propostas. Unha delas argumentando esta falta de transparencia, baséase
en que o colectivo PIC se fai cargo do 50% do aforro previsto pola empresa. De
de entregar a Dirección a información solicitada, a RT comprometese axustar
máis a porcentaxe da proposta.
A RT mesmo contraofertou algunha proposta da empresa, pero cando se trata de fixar algún prazo de retorno de cantidades, a empresa rexéitaas. Isto vén a ser un exemplo máis da pouca seriedade e nivel de incumprimento desta Dirección. O pasado 18 de xaneiro asinou un acordo comprometéndose en este proceso a tratar o retorno de cantidades e agora remítense ao acordo que asinou Avilés un día despois. No cal non se garante o retorno de ningunha cantidade, estando dispostos ,ao igual que eles, a devolver a prima de resultados dependendo dos beneficios.
A RT defende
que o máis equitativo é que o aforro se realice tendo en conta a todos os
traballadores (PIC
e PFD), ven
traballen na planta ou nas dependencias de Madrid, ou teñan só una porcentaxe
de salario con cargo a nosa Fábrica. E as cantidades a ter en conta que sexan
as que se perciben da empresa e están suxeitas a retención do IRPF. Para CCOO calquera redución
de salario para buscar este aforro, tería que ser proporcional ao mesmo impacto
que ten o salario de cada traballador na masa salarial total da Fábrica. Por
exemplo; se o salario dun só traballador é o 50% do custo total da masa
salarial, se houbese que facer un axuste de 100 € a ese traballador
corresponderíalle recortar o seu salario en 50 €, e si outro traballador ten un
salario con un custe do 10% tería que aportar 5€. Non pode haber ningún tipo de
privilexio para ninguén, tal e como pasou co ERTE en vigor, que a empresa escusándose
que era motivado por un problema de produción aplicouse desigualmente saíndo
claramente prexudicado máis un colectivo co outro.
Outro debate aberto nas negociacións, é a cantidade de aforro de custes que se lle imputa á Fábrica da Coruña (superior á de Avilés). A empresa argumenta que o custo da masa salarial da Coruña é superior ao ter máis plantilla e salario máis alto. A RT defende que ten que ser menor ou como moito igual, xa que realmente en Avilés existe unha parte de plantilla encuberta de empresas externas, da cal Alcoa non se pode desprender e tena que manter contratada según os pactos de Oviedo, computando o seu custe nun apartado distinto do da masa salarial. Por iso se reflexa que teñen menos custes de plantilla, cando realmente non é así.
Na reunión de onte a RT realizou novas propostas e detallou a proposta do 50% nos conceptos a ter en conta de cara a buscar ese aforro. O próximo mércores retómanse as negociacións e espérase que contesten a estas novas propostas e á entrega da documentación solicitada.