martes, 8 de enero de 2013

REUNIÓN PLAN 2013

COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA
 
Na reunión de hoxe a Dirección mostrou unha actitude prepotente e pouco disposta a entrar en ningún tipo de negociación. Manteñen a idea de solicitar o descolgue do Convenio Colectivo se non se acepta a conxelación de Táboas Salariais e deixar de pagar a Prima de Resultados no 2013.


         A RT dixo que o Mix de produción para o ano 2013 deixaba á planta mal parada xa que case toda a produción ía destinada a Placa e só ese feito facía que a Fábrica tivese resultados negativos xa que a Placa ten peor premio que o Tocho e incrementaríanse os custos por transporte. A Dirección manifestou que ese dato era erróneo a pesar de que se dese nas últimas reunións e que a produción do 2013 sería de 58.000 Tm de Tocho e 11.000 Tm de Placa.


         A Representación dos Traballadores (RT) esixiu garantías de viabilidade de futuro da Fábrica e garantías de reintegro do deixado por pagar pola empresa durante o ano 2013 para empezar algún tipo de negociación. A RT recriminou á Dirección que cuns beneficios de escándalo no exercicio 2011 pretendan baixarnos o salario.

         A Dirección dixo que a RT non quería negociar e que polo tanto non se realizarían máis reunións. A RT contestou que os que non tiñan vontade ningunha de negociar era a Dirección xa que non deixaba entrar a negociar nada e que era todo unha imposición. O Comité de Empresa queda a espera de noticias da Dirección.