A Empresa
presentou formalmente honte o documento de solicitude de descolgue do Convenio
Colectivo en vigor e a modificación substancial das condicións de traballo sobre a base do art
82.3 do Estatuto dos Traballadores:
·
Conxelación salarial do IPC previsto
para o ano 2013.
·
Non incremento do plus de turnicidade
nin o de xornada fraccionada no ano 2013.
·
Non incremento da prima fixa no ano
2013.
·
Non incremento da prima de vacacións
no ano 2013.
·
Suspensión do compromiso recollido no
art.º 34 Convenio Colectivo sobre aboamento da prima de resultados do ano 2013.
·
Suspensión durante o 2013 das achegas
ao plan de pensións.
·
As pagas extra de xullo e decembro ao 50% no
ano 2013.
O Comité de empresa quedou citado para o próximo
mércores día 16 ás 11:30h. Para ese mesmo día e hora, mentres o Comité e a
Empresa están reunidos convocouse a todos os traballadores que non teñan
que traballar (quenda de tarde ou noite, vacacións, descanso ou ERTE)
a unha CONCENTRACIÓN na porta da Fábrica para facerlle entender á
Empresa que non imos consentir que se nos ataque deste xeito.
O proceso de negociación acaba de empezar, agora temos quince días para avanzar no proceso e manter as nosas posturas fronte á Empresa. O documento de descolgue que presentou a Empresa inclúe medidas moi superiores ás que, ata agora, nos viñan dicindo (1,5 Mill/€). Co formulado no documento, o recorte salarial sería moi superior o 7% que formularon nun principio e seguen sen ofrecer ningunha garantía de viabilidade da Fábrica nin de retornar o deixado de pagar si a empresa mellora as súas previsións. Así "agradece" a Empresa os esforzos dos traballadores para conseguir unha tarifa eléctrica que é moito máis beneficiosa que a que tiñan ata agora.
Este é un proceso difícil, pero dende logo non imos deixar que a empresa se leve por diante todos os nosos dereitos dun plumazo, por moito que a lexislación os ampare. Xa está ben de que teñamos que ser sempre os traballadores os que paguemos a inoperancia de quen nos dirixe. Ante isto, temos que empezar a tomar medidas serias e contundentes, empezando pola non colaboración máis alá das nosas obrigas. Realizando as nosas tarefas cumprindo escrupulosamente as normas de seguridade, revisión de maquinas, etc. e informando os Delegados do Comité de Empresa de todas as anomalías que encontremos neste sentido para que as poñan en coñecemento das autoridades laborais si é preciso.
O próximo venres 18 de Xaneiro convocouse unha Asemblea
Xeral de traballadores no Comedor Social as 15:00 horas
na que se informará de doto o aquí falado e o avanzado nas próximas reunións
previstas para os días 16, 17 e 18 da semana próxima.