lunes, 29 de diciembre de 2014
miércoles, 24 de diciembre de 2014
FELICES FESTAS !!!!!
Nestas datas de
celebración os Traballadores e Traballadoras da Fábrica de Aluminios da Coruña temos
un dobre motivo para gozar coas nosas familias delas. Conseguimos a nosa máis
urxente necesidade, retirar o expediente de despedimento colectivo que pendía
sobre todos nós, e o fixémolo unha vez máis dando un exemplo de loita e
esforzo.
Todos os que
traballamos nesta fábrica estamos orgullosos do compromiso mostrado nesta loita. Temos que seguir no noso esforzo e ser perseverantes,
quédanos unha longa loita na defensa do noso centro de traballo e seguro que
sairemos vitoriosos se nos mantemos tan unidos como sempre.
Dende CCOO queremos agradecervos todo o apoio
que brindastes ao Comité de Empresa, sodes moi grandes compañeiros e compañeiras.
Os mesmos agradecementos a todos aqueles que sen ser traballadores da fábrica
estiveron a apoiar a todo a plantilla.
Descansade e collede folgos Compañeiros e Compañeiras.
O futuro depende de nós e imos a por todas...!!!
FELICES FESTAS!!!!
martes, 16 de diciembre de 2014
sábado, 13 de diciembre de 2014
MANIFESTACIÓN DA FÁBRICA DE ALUMINIOS DA CORUÑA
Onte os compañeiros e
compañeiras da fábrica de aluminios da Coruña destes unha nova lección de
compromiso e loita pola defensa da nosa fábrica.
Era emocionante ver como debaixo dunha forte choiva gritabamos
e marchabamos todos xuntos contra a idea de que nos pechen a nosa fábrica;
antigos compañeiros e compañeiras, familiares, empresas auxiliares de fábrica,
sindicatos, partidos políticos, asociacións de veciños, asociacións de comerciantes,
o corpo dos bombeiros, empresas da cidade e comarca, os compañeiros da fábrica
de San Ciprián, e como non, os nosos
compañeiros da fábrica de Avilés que o están pasando tan mal como nós.
NON O CONSEGUIRAN
COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS !!! Os que pretenden facer isto non calcularon a quen se
enfrontan.
ÁNIMO COMPAÑEIROS E
COMPAÑEIRAS !!!
XUNTOS NON PODERÁN CONNOSCO.!!!
ALCOA NON SE
PECHA...!!!!
domingo, 7 de diciembre de 2014
CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS
MOBILIZACIÓNS SEMANA DE 8 DE DICIEMBRE |
Compañer@s o próximo venres 12 de decembro, esta convocada na nosa fábrica unha folga de 24 horas dende a 6 da mañá. Logo ás 7 da tarde sairemos en manifestación dende a Praza da Palloza ata a delegación do Goberno da Coruña.
Estas movilizacións son de vital importancia na loita polos nosos postos de traballo. A primeira acción é en resposta a como nos está a tratar Alcoa (como se fosemos animais) neste conflicto da subasta de interrumpibilidade. A segunda é para demandar dos nosos gobernantes unha solución á chapuza feita na subasta, polo que necesitamos seguir concienciando da nosa difícil situación aos medios de comunicación e a cidadanía da Coruña. Non podemos permitir que polo erro de algúns paguen tantos miles de familias.
OCTAVILLA MANIFESTACIÓN 12 DE DICIEMBRE |
O 12 de decembro Dende esta CCOO animámoste a que participes nestas movilizacións. Estamos seguros que o farás, porque ninguén vai defender mellor que ti mesm@ o teu posto de traballo e o teu futuro.
ÁNIMO COMPAÑEIR@S!!!!
CO ESFORZO DE TOD@S CONSEGUIRÉMOLO!!!!
lunes, 1 de diciembre de 2014
ALCOA DE ETICA NADA...
A Dirección informou hoxe
ao Comité de Empresa que habían decido iniciar un procedemento de despido
colectivo que contaba a partir da comunicación, o período legal establecido para
a negociación do mesmo é de 30 días naturais. Ao mesmo tempo informaba que
esperaban reverter a situación si acadaban un bo resultado na segunda poxa que
esta prevista para mediados de decembro conseguindo unha prima de
interrumpibilidade de cara ao 2015 a un prezo axeitado.
O Comité de Empresa
recriminoulle á Dirección a decisión tomada e que estiveran a tratar aos
traballadores como auténticos feirantes. Ademais pretendían que mañá martes o
Comité se reunise en Madrid xunto co Comité de Avilés para continuar co proceso
do procedemento de despido colectivo. O Comité negouse por ter convocada unha
Asemblea, e considerar unha falta de respecto o pretender suspender a mesma e
máis despois do anuncio da empresa.
A solución de este
conflito pasa en principio ven, por adquirir un bloque de 90MW e catro de 5MW
na segunda poxa ou, porque o Goberno decida unha moratoria e anule a primeira
poxa mantendo o sistema anterior, mentres non se atope unha solución axeitada.
Para CCOO a mellor é a segunda opción pois o sistema que se creou ten moitas
deficiencias.
·
O permitir que a unha mesma poxa accedan empresas
nas que o impacto dos custos de enerxía, dentro dos seus custos totais, sexa
tan desigual. Isto ocasiona que a empresa na que os custos enerxéticos teñen
menor impacto teña máis vantaxe ao ter máis marxe en poxa. Devandito isto,
vaise a dar o caso de que a empresa que máis enerxía pode poñer ao servizo dá
comunidade, ante un corte pola interrumpibilidad, é a que menos percibirá por
MW. E ademais estamos comprobando que é a que ten máis papeletas para quedarse
fose do sistema.
·
Na poxa de bloques de 90MW, ao haber máis demanda
que oferta vanse a quedar fora empresas declaradas como gran consumidoras e que
necesitan un prezo competitivo para a súa viabilidade, condenándoas de antemán
ao máis absoluto desastre e sen posibilidades de sobrevivir durante un ano
nesas condicións. Con este sistema en menos de cinco anos a gran industria do
noso país desaparecería.
·
O sistema anual de poxa xenera moita
inestabilidade nas empresas grandes consumidoras. Ó non ter a certeza dun
suministro eléctrico que garanta os beneficios, non se acometerán os
investimentos máis importantes e necesarias, xa que estas normalmente se
amortizan a varios anos. Ó realizar a poxa a finais de ano e para o exercicio
seguinte, supón que non se poidan elaborar os orzamentos para o ano seguinte e
tamén perder carteira de clientes por non poder pechar pedidos.
Nós
entendemos que a solución pasa porque os 550 millóns que ai para os incentivos
para a interrumpibilidade se repartan proporcionalmente ao consumo que teñen os
centros de traballo sempre tendo en conta o impacto da factura eléctrica nos
seus custes totais.
Compañeiros
e compañeiras son momentos difíciles, pero estamos convencidos que permanecendo
unidos, con traballo e loita sairemos airosos de este novo reto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)