domingo, 7 de diciembre de 2014

CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS

MOBILIZACIÓNS SEMANA DE 8 DE DICIEMBRE

  Compañer@s o próximo venres 12 de decembro, esta convocada  na nosa fábrica unha folga de 24 horas dende a 6 da mañá. Logo ás 7 da tarde sairemos en manifestación dende a Praza da Palloza ata a delegación do Goberno da Coruña. 



    Estas movilizacións son de vital importancia na loita polos nosos postos de traballo. A primeira acción é en resposta a como nos está a tratar Alcoa (como se fosemos animais) neste conflicto da subasta de interrumpibilidade. A segunda é para demandar dos nosos gobernantes unha solución á chapuza feita na subasta, polo que necesitamos seguir concienciando da nosa difícisituación aos medios de comunicación e a cidadanía da Coruña. Non podemos permitir que polo erro de algúns paguen tantos miles de familias.
OCTAVILLA MANIFESTACIÓN 12 DE DICIEMBRE

      O 12 de decembro Dende esta CCOO animámoste a que participes nestas movilizacións. Estamos seguros que o farás, porque ninguén vai defender mellor que ti mesm@ o teu posto de traballo e o teu futuro.


ÁNIMO COMPAÑEIR@S!!!!
CO ESFORZO DE TOD@S CONSEGUIRÉMOLO!!!!