Onte os compañeiros e
compañeiras da fábrica de aluminios da Coruña destes unha nova lección de
compromiso e loita pola defensa da nosa fábrica.
Era emocionante ver como debaixo dunha forte choiva gritabamos
e marchabamos todos xuntos contra a idea de que nos pechen a nosa fábrica;
antigos compañeiros e compañeiras, familiares, empresas auxiliares de fábrica,
sindicatos, partidos políticos, asociacións de veciños, asociacións de comerciantes,
o corpo dos bombeiros, empresas da cidade e comarca, os compañeiros da fábrica
de San Ciprián, e como non, os nosos
compañeiros da fábrica de Avilés que o están pasando tan mal como nós.
NON O CONSEGUIRAN
COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS !!! Os que pretenden facer isto non calcularon a quen se
enfrontan.
ÁNIMO COMPAÑEIROS E
COMPAÑEIRAS !!!
XUNTOS NON PODERÁN CONNOSCO.!!!
ALCOA NON SE
PECHA...!!!!