A Dirección informou hoxe
ao Comité de Empresa que habían decido iniciar un procedemento de despido
colectivo que contaba a partir da comunicación, o período legal establecido para
a negociación do mesmo é de 30 días naturais. Ao mesmo tempo informaba que
esperaban reverter a situación si acadaban un bo resultado na segunda poxa que
esta prevista para mediados de decembro conseguindo unha prima de
interrumpibilidade de cara ao 2015 a un prezo axeitado.

A solución de este
conflito pasa en principio ven, por adquirir un bloque de 90MW e catro de 5MW
na segunda poxa ou, porque o Goberno decida unha moratoria e anule a primeira
poxa mantendo o sistema anterior, mentres non se atope unha solución axeitada.
Para CCOO a mellor é a segunda opción pois o sistema que se creou ten moitas
deficiencias.

·
Na poxa de bloques de 90MW, ao haber máis demanda
que oferta vanse a quedar fora empresas declaradas como gran consumidoras e que
necesitan un prezo competitivo para a súa viabilidade, condenándoas de antemán
ao máis absoluto desastre e sen posibilidades de sobrevivir durante un ano
nesas condicións. Con este sistema en menos de cinco anos a gran industria do
noso país desaparecería.
·
O sistema anual de poxa xenera moita
inestabilidade nas empresas grandes consumidoras. Ó non ter a certeza dun
suministro eléctrico que garanta os beneficios, non se acometerán os
investimentos máis importantes e necesarias, xa que estas normalmente se
amortizan a varios anos. Ó realizar a poxa a finais de ano e para o exercicio
seguinte, supón que non se poidan elaborar os orzamentos para o ano seguinte e
tamén perder carteira de clientes por non poder pechar pedidos.

Compañeiros
e compañeiras son momentos difíciles, pero estamos convencidos que permanecendo
unidos, con traballo e loita sairemos airosos de este novo reto.