Nestas datas de
celebración os Traballadores e Traballadoras da Fábrica de Aluminios da Coruña temos
un dobre motivo para gozar coas nosas familias delas. Conseguimos a nosa máis
urxente necesidade, retirar o expediente de despedimento colectivo que pendía
sobre todos nós, e o fixémolo unha vez máis dando un exemplo de loita e
esforzo.
Todos os que
traballamos nesta fábrica estamos orgullosos do compromiso mostrado nesta loita. Temos que seguir no noso esforzo e ser perseverantes,
quédanos unha longa loita na defensa do noso centro de traballo e seguro que
sairemos vitoriosos se nos mantemos tan unidos como sempre.
Dende CCOO queremos agradecervos todo o apoio
que brindastes ao Comité de Empresa, sodes moi grandes compañeiros e compañeiras.
Os mesmos agradecementos a todos aqueles que sen ser traballadores da fábrica
estiveron a apoiar a todo a plantilla.
Descansade e collede folgos Compañeiros e Compañeiras.
O futuro depende de nós e imos a por todas...!!!
FELICES FESTAS!!!!