Logo de impoñer uns Servizos Mínimos escandalosos de ata un 90% nalgún
caso, hoxe a empresa pateou o dereito á folga dos traballadores de electrolisis
ao programar e levar a cabo o traballo diario de produción no devandito departamento ao 100%.
A empresa vulnerou os Servizos Mínimos de Mantemento e Seguridade das
instalacións desta folga de paros de 4 horas por quenda de traballo ao
esixirlle ao Polivalente en función de Coador que fixese o seu traballo habitual
en vez de estar de retén para unha urxencia puntual como é norma nunha folga.
O Comité de Folga requiriu ao Xefe do Departamento que respetase os
criterios normais de mantemento doutras folgas e dese a orde de deixar de
extraer metal das cubas de electrolisis, cousa á que se negou. O Comité de
Folga ao comprobar que o dereito de folga quedaba anulado por unha produción
normal neste departamento decidiu desconvocar a folga e emprender as accións
xudiciais contra a empresa que correspondan.
Desde CCOO de Alcoa da Coruña imos tomar e apoiar todas as medidas legais
que se poidan, incluída a penal, para que a Dirección da empresa e a propia
Alcoa paguen por este atentado contra o exercicio do dereito fundamental
constitucional que teñen os traballadores a ir á folga.