lunes, 27 de septiembre de 2010

NOVO CONVENIO COLECTIVO

Na mañá de hoxe a Mesa de Negociación do novo Convenio Colectivo puxo punto final ás negociacións firmando o texto integro do novo Convenio, que fora ratificado polos traballadores da Fábrica na Asemblea Xeral do día 13 de Setembro. Este acordo vinculará a Alcoa e ós traballadores da Fábrica da Coruña dende o ano 2010 ata o ano 2014, ambos anos incluídos.

A partir de hoxe mesmo, os traballadores que cumpren as condicións para acceder ó Contrato de Relevo, serán chamados pola Oficina de Persoal para regular a súa situación e acceder a tan ansiada xubilación anticipada o antes posible.