Os traballadores da Fábrica votaron si o preacordo de Convenio presentado hoxe polo Comité de Empresa en Asemblea Xeral.
A votación sobre o mesmo arroxou os seguintes resultados:
Votos a favor = 92
Votos en contra = 17
Abstencións = 4
Queda pendente de definir o novo horario para o persoal de Xornada, o ampliarse a xornada intensiva o mes de Maio a partir do ano 2011. Isto farase o antes posible despois de consultar os traballadores afectados en Referendo.
Unha vez rematado este tramite, so queda firmar o novo Convenio, e empezar a aplicalo o antes posible. Estamos seguros que un dos colectivos máis interesados nelo son os compañeiros que xa cumpriron os 60 anos e agardan pacientemente para acceder a xubilación anticipada.
Seguiremos informando.