jueves, 30 de junio de 2011

6ª REUNIÓN DA MESA DE COMPETITIVIDADE

Sobre a o acontecido na reunión de hoxe hai pouco que dicir, aínda que importante polo que vai supoñer a corto prazo para a convivencia na Fábrica. A RD informou (sen dar nomes) de cales serían os postos de traballo que desaparecerían polo traslado a produción de 12 traballadores de Mantemento Central, máis 1 de EHS.

A RT rexeitou este plantexamento porque con esta mobilidade se rescindirían 13 contratos de traballo do persoal eventual, ademais incrementaríase o gasto en subcontratación, o ter que cubrirse as tarefas deixadas de facer polos propios traballadores da Fábrica. A RT emprazou unha vez máis a RD a reconsiderar a súa postura dicindo que o verdadeiro aforro estaba en facer máis coa mesmo plantel, polo que debería de aproveitar os excedentes de persoal “si é que os tiña” para rescindir contratos externos.

A RD acusou a RT de inmobilismo na súa postura, argumentando que eles habían dado un paso atrás ó excluír das súas pretensións a externalización en Fundición, ademais de aceptar de internalizar un contrato externo para analizar a súa rendibilidade a futuro.

A RT contestou que non se lles podía tachar de inmobilismo porque as propostas con máis forro en custes e de mellora da produtividade foran deles. Ademais querían deixar claro de que estaban dispostos a falar de mobilidades e incluso redución de persoal si había unhas inversións en instalacións que o xustificaran.

Despois dun breve receso a RT comunicou que aínda que seguiría asistindo ás reunións da Mesa de Competitividade, a partir dese momento o Comité de Empresa estaba mobilizado, debido a que a RD non presentará aínda ningún plan industrial coas inversións necesarias para sacar a Fábrica do lugar onde foi colocada pola mala xestión das últimas Direccións. E por seguir propoñendo a mobilidade de 13 traballadores e a rescisión doutros tantos contratos como a solución de viabilidade, habendo outras oportunidades de aforro.

Por lo tanto, a partir dese momento o Comité de Empresa acometerá tódalas accións que considere oportunas na defensa dos traballadores e da viabilidade Fábrica.

Seguiremos informando.