viernes, 24 de junio de 2011

TERCEIRA REUNION DA MESA POLA COMPETITIVIDADE

Na reunión de hoxe retomouse a valoración do plan de competitividade do Comité de Empresa nos puntos onde había discrepancias no tocante a cantidades ou parámetros de aforro.

Na reunión anterior, a RT solicitou que aparte de valorar a produtividade do cambio dun forno na V5 para 37 Tm (10 Tm máis de capacidade), se valorase tamén o aforro en Fuel e consumibles no caso de facer a produción actual de Placas con só ese Forno. A valoración feita pola RD demostrar que co aforro anual desa medida, descontaría a inversión de ese cambio en menos de 3 anos, e a maiores se tería a posibilidade de incrementar a produción, co mesmo custe actual.

Sobre vehículos industriais, a RD rectificou as cifras que non se adaptaban a realidade e presentou as cantidades que custarían algúns vehículos novos, de ter que compralos. Vistos estes datos e facendo un simple exercicio de cálculo, coas cantidades que na se están pagando polo aluguer poderíanse comprar os vehículos en propiedade amortizándoos en menos 3 anos.

Por parte da RT propúxose que se estudara a diferenza de prezos entre o suministro de Gas Natural para de instalar na Fundición ou a posibilidade de instalar unha rede de Gas procedente da Refinería.

A RT solicitou que se lles informara sobre si existía algunha oferta de compra do Laminador Properzi. A RD informou que tiveran o interese dun posible cliente, pero que non volveron saber máis nada del, posiblemente debido a que en China están a fabricar laminadores a baixo custe.

A RT expuxo tamén que quería incluír ó Servizo de Prevención alleo no listado de traballos que consideraba con posibilidades de realizar os traballadores de Alcoa.

Antes de terminar a reunión, a RT solicitou da RD respostas por parte da Dirección de Alcoa ás propostas feitas polo Comité de Empresa. Propostas que aínda que non van no senso coa política da Compañía demostran que poñerían a Fábrica na boa senda da produtividade e do maior marxe de beneficios.

A próxima reunión terá lugar o próximo martes 28 de xuño.

Seguiremos informando.