martes, 28 de junio de 2011

CUARTA REUNION DA MESA POLA COMPETITIVIDADE

A Dirección ó comezo da reunión expuxo unha comparativa de custes de produción a nivel mundial dos fabricantes de Aluminio. Nesta nova presentación Alcoa aparecía na metade da táboa e á Fábrica da Coruña nos últimos postos dentro do ranking das fábricas de Alcoa.

Esta información da RD non aportar nada novo, e tampouco trae solucións de futuro. A estas alturas da negociación da a impresión que a esta Dirección lle ven un pouco grande a situación actual, sendo incapaz de facer propostas máis ala do recorte de plantel, o que tampouco asegura a viabilidade da Planta a medio prazo debido a que seguiríamos sendo a Fábrica coas instalacións máis precarias.

Pola súa parte a RT segue facendo propostas de aforro de custes e melloras de produtividade respetando o emprego dos traballadores de Alcoa. A última foi a proposta de volver a producir “Pasta Fria” na Fábrica de pastas, que podería deixar uns bos ingresos cada ano.

Despois de un receso para cambiar impresións a RD dixo que as propostas da RT eran moi interesantes para o futuro da Fábrica e para mellorar a produtividade da Fundición e que habería que tratar de levalas a cabo, pero incidiu en que era necesario implantar medidas que dean un aforro en custes instantáneo á Fundición, e que de non levarse cabo a externalización do serrado, había que buscar outras alternativas de aforro no Departamento.

CCOO esta facendo verdadeiros esforzos para non levantarse da Mesa de Traballo, pero estásenos esgotando a paciencia vendo como a Dirección aínda non se comprometeu en ningunha medida das propostas pola RT. En cambio segue a pedir propostas que practicamente nin escoita. Si na próxima reunión non hai un cambio favorable na RD e se empezan a concretar acordos, esta Sección Sindical fará unha proposta máis, que será á mobilización do Comité de Empresa como punto de partida para a mobilización dos traballadores da Fábrica.

Mañá mércores terá lugar a seguinte reunión.

Seguiremos informando.