jueves, 16 de junio de 2011

ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORES

Os traballadores da Fábrica de Alcoa da Coruña deron hoxe un grandísimo apoio o Comité de Empresa acudindo en masa a convocatoria da Asemblea Xeral para informar da presentación por parte da Dirección dun plan de axustes de custes e mellora da competitividade, que se sustenta basicamente en destruír e precarizar o emprego.


A Sección Sindical de CCOO quere expresar a todos os traballadores e traballadoras da Fábrica, o seu máximo agradecemento polo gran apoio mostrado ó Comité de Empresa, o mesmo tempo que louvar o gran traballo desenrolado polo mesmo, dando resposta ós plantexamentos da Dirección con firmeza e determinación e sobre todo mostrando unha gran unión entre as distintas Seccións Sindicais que o compoñen.




O Presidente do Comité despois de informar ós asistentes das pretensións da Empresa, e recordar o escrito xa publicado de contestación á mesma, pasou a facer lectura doutro escrito entregado á Dirección na reunión do mércores, coa argumentación do Comité para rexeitar os plans da Dirección (Foto 1, pinchar para ver).



Seguidamente fixo lectura doutro escrito entregado ese mesmo día cunha proposta do Comité de Empresa para reducir os custes e mellorar a Competitividade (Foto 2 e 3, pinchar para ver). Despois da intervención dos representantes das distintas Seccións Sindicais que ampliaron a información dada, o Presidente presentou un comunicado do Comité de Empresa prohibindo a realización de horas extras mentres non se alcance un acordo satisfactorio para a situación actual (Foto 4, pinchar para ver).




Antes de dar por terminada a Asemblea informouse os traballadores e traballadoras dos próximos pasos a seguir, os cales non reproduciremos agora para non entorpecer a marcha das negociacións, só diremos que para o próximo luns (hora por confirmar) a Dirección convocou á Mesa encargada dá negociación.

Seguiremos informando.