lunes, 20 de junio de 2011

REUNIÓN DA MESA DE TRABALLO POLA COMPETITIVIDADE

Hoxe celebrouse a primeira reunión da Mesa de Traballo encargada de buscar alternativas para reducir custes e mellorar a produtividade en base ós plantexamentos do Comité de Empresa.

Nesta primeira toma de contacto fixáronse os criterios da negociación: As reunións celebraranse tódolos luns, mércores e venres ata o 1 de Xulio, data límite para tratar de chegar a un acordo. Co fin de non causar un dano irreparable, os integrantes da Mesa de traballo acordaron non desvelar información de datos económicos asociados a persoas e empresas.

A Representación da Dirección (RD) fixo un recordatorio do seu plan, para preguntar logo si a Representación dos Traballadores (RT) necesitaba algunha aclaración. A RT, comentou que non necesitaba saber nada máis, que o único punto do plan da Dirección que estaban dispostos a debater, era o da interrumpibilidade de enerxía, xa que este, é un tema que ven implícito co contrato de enerxía ademais de ser unha ferramenta para aforrar custes, pero que a interrumpibilidade habería que facela con moito sentido para non terminar tendo un problema máis grave nas Series que o gasto en enerxía.

A RT, antes de cerrar o repaso do plan da Dirección solicitou coñecer cal era o presuposto que tiñan previsto para a modernización do Servizo do Laboratorio, por entender que a Fundición necesita facer o gasto noutras instalacións, xa que de seguir así no futuro non habería nada que analizar no Laboratorio.

De seguido pasouse a repasar o plan de aforro de custes do Comité de Empresa. A RT, solicitoulle á RD, diversa información:
- Relación de empresas externas e presupostos.
- Relación de vehículos en aluguer e presupostos.
- Cuantificación do Plan de competititvidade da Fundición.
- Cuantificación das suxerencias.

A RD dixo que na próxima reunión (mércores 22) entregaría a información solicitada.

Seguiremos informando.