miércoles, 29 de junio de 2011

REUNION DA MESA DE COMPETITIVIDADE

Hoxe reunise de novo a Mesa de Competitividade por 5ª vez. Tal e como avanzamos na información de onte, a RT ía a necesitar un cambio no talante mostrado ata agora pola RD, para seguir dialogando en busca de solucións de futuro para a Planta.

Con estes antecedentes dou comezo a reunión de hoxe dicindo a RD, que renunciaba á externalización na Fundición para cumprir cunha das exixencias da RT, pero que necesitaba buscar alternativas que minoraran a perda do aforro en custes desta renuncia. A RD, tamén accedeu a internalizar algún traballo de contratas (aínda sen determinar), pero consideraba necesario empezar pouco a pouco para ir vendo os resultados, e amparándose neles, ir ampliando ese modelo organizativo no futuro. Por iso consideraba necesario de momento facer retornar a produción a 13 traballadores (12 de mantemento e 1 de EHS).

A RT valorou positivamente o paso dado pola RD, o mesmo tempo recriminoulle a súa falta de determinación para afrontar a internalización de tódolos traballos que se puideran cos excedentes en mantemento.

Deseguido a RD fixo unha exposición de propostas para contrarrestar a non externalización na Fundición. Propostas baseadas case todas na flexibilidade multidepartamental de cara a dar coberturas nas vacacións e aforrarse así o custe desa contratación especifica.

A RT rexeitou estas propostas, e buscando o mesmo aforro na cobertura de vacacións, propuxo que as vacacións do persoal de produción se cubriran nos Departamentos con persoal de función directiva e a outra parte cunha mellor distribución da man de obra existente e tamén facendo coincidir de novo as revisión das maquinas no período estival.

Despois dun receso para valorar a situación da negociación, a RT expresou non poder asumir a rescisión de 13 contratos de traballadores eventuais de produción polo retorno de persoal de mantemento, cando estes últimos poden facer o traballo que están a facer empresas externas.

Despois de un cambio de impresións sobre este último punto rematou a reunión entregando a RD a documentación que se lle solicitara sobre as valoracións das propostas e do custe dos vehículos e convocándose de novo outra reunión para mañá.

Seguiremos informando.