Acta Xeral do Refendo |
O
resultado do referendo celebrado onte na Fábrica, sobre
a conveniencia, ou non, de suspender as mobilizacións temporalmente, foi
favorable á suspendelas. No Referendo participaron 159 traballadores do total
da plantilla. A participación foi máis ben escasa e nun exercicio democrático
como este o desexable é que participe a gran maioría, por non dicir todos, os
convocados á consulta nas urnas. Aínda así cabe destacar a gran diferenza
resultante no referendo, xa que a opción de suspender temporalmente as
mobilizacións obtivo case o triplo de apoio (116 votos) máis que a opción de
seguir con elas (40 votos).
Agora toca esperar, con calma tensa, ao informe da Comisión Nacional de Enerxía sobre a proposta de regulación que o Goberno realizo o 11 de Outubro. Alcoa xa está a negociar coas empresas subministradoras de enerxía un contrato no que se fixará o prezo final do Mwh a partir do 31 de Decembro, do presente ano. Data esta na que remata o actual contrato de subministración de enerxía que temos coa empresa Gas Natural Fenosa.
Por último informarvos que, a partir do próximo martes 30 de Outubro (incluído) no local de CCOO (ao lado do Comedor Social), imos empezar unha campaña para repasar as nóminas no período de ERTE e comprobar que se achegou correctamente dende a empresa o complemento ata o 85% do salario bruto.
O horario
será: martes e xoves de 12 a 14:30
horas.
A documentación que necesitamos, son: nóminas do período do ERTE, calendario laboral que se tería que realizar e os pagamentos realizados polo Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE).
A documentación que necesitamos, son: nóminas do período do ERTE, calendario laboral que se tería que realizar e os pagamentos realizados polo Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE).
Seguiremos informando.