Onte sábado foi
un día moi intenso en canto a contactos coas distintas forzas políticas para
buscar apoios na loita pola viabilidade da Fábrica. A xornada empezou pasadas
as dez da mañá cando unha representación do Comité de Empresa (un por Sección
Sindical) se entrevistou co Secretario Xeral de Esquerda Unida, Cayo Lara, na
Coruña. Seguidamente deuse unha roda de prensa na que Cayo Lara dixo que
esperaba que o anunciado por Feijoo sobre unha orde ministerial non fose unha
cortina de fume polas eleccións, e que o luns dirixiríase ao Ministro de
enerxía e turismo para esixirlle que diga antes das eleccións cal é o
compromiso do Goberno con Alcoa.
Ver noticias
sobre isto…
http://www.europapress.es/galicia/noticia-lara-cree-si-cotizaran-bolsa-palabras-feijoo-tendrian-valor-bono-basura-20121013181318.html
Ver noticias
sobre isto…

Ata entón e
mentres durou a reunión, os traballadores estiveron fóra do recinto coa
pancarta gritando consignas para unha solución definitiva para Alcoa. Ao saír
da reunión os Representantes dos Traballadores informaron que o Presidente da
Xunta díxolles que non entendía porque o perseguían nos mitins, que desde a
Xunta fixeran todo o posible para que Alcoa mantivese as súas fábricas en
Galicia, incluso parando a pechadura da Planta da Coruña en decembro 2011. E
que a orde ministerial que se realizou desde o Goberno recollía as necesidades
dos grandes consumidores de electricidade.
O Comité de
Empresa e os traballadores alí presentes valoraron as palabras de Feijoo e
decidiron que o vindeiro luns pedirían un pronunciamento da empresa.
Seguiremos informando.