Unha representación do Comité de Empresa composta
polo Presidente e membros de todas as Seccións Sindicais mantivo hoxe unha
reunión con dirixentes do BNG
na súa sede da Coruña.
Por parte do BNG
participaron na reunión a candidata número 2 do BNG pola Coruña, Ana Pontón, a candidata número 3 pola Coruña, Ana Luísa Bouza, e o
candidato Suso Bermello.
Os dirixentes do BNG
mostraron todo o seu apoio aos representantes dos traballadores alí presentes e
animáronos a continuar coa loita para evitar o peche da Factoría coruñesa.

Recordarvos tamén que o próximo xoves 18 de Outubro, dentro do calendario de mobilizacións acordadas en Asemblea de Traballadores, realizarase unha manifestación ás 17:30 horas dende a Fábrica pasando pola rotonda dos irmáns Arias, a rotonda do Marineda City e volta á Fábrica.
Seguiremos informando....