Ata onde nós puidemos saber, a Dirección da Fábrica da Coruña, comunico onte pola tarde esta nova situación aos máximos responsables das dúas centrais sindicais maioritarias na Fábrica (CCOO Y UGT). A Dirección comunicou que Alcoa España non se pronunciaría mentres a orde ministerial non fose publicada, ao mesmo tempo, pediu moderación aos responsables sindicais nos pasos a dar nos próximos días para non entorpecer o acordo final.
Dende a Sección Sindical de CCOO de Alcoa da Coruña valoramos positivamente que o Ministro cursase esta orde Ministerial para grandes consumidores de enerxía e tratar de resolver así os problemas enerxéticos da nosa Fábrica, pero despois de máis de 9 meses de incerteza, de sufrimento, e de loita necesitamos algo máis. Necesitamos saber que é o que recolle esa orde ministerial, pero sobre todo necesitamos, que Alcoa saia a certificar esa solución enerxética e diga que con a regulación de tarifa que recolle a orde ministerial, Alcoa manterá todas e cada unha das plantas que ten na España. Da mesma maneira que fixo este verán o Presidente de Alcoa en España dicindo que se non tiñan unha tarifa eléctrica competitiva se irían de País.
Neste mesmo momento en que se publica este artigo, pouco cambiaron as cousas para esta Sección Sindical e temos que seguir mantendo a tensión, poida que nas próximas horas isto cambie e se publique a orde ministerial e Alcoa faga algún comunicado certificando a súa continuidade en España.
Dende o Comité de
Empresa de Alcoa
da Coruña
solicitouse unha reunión do Pleno do Comité de Empresa coa Dirección da Coruña
e a unha reunión da Comisión Central de Madrid coa Dirección de Alcoa España
para que informen da situación, dicir que nestes momentos non hai ningunha confirmada.
RECORDÁMOSVOS QUE MAÑÁ SÁBADO “RUBALCABA” DARÁ UN MITÍN
EN EXPOCORUÑA (DETRÁS DO COLISEO)ÁS 12:00 HORAS
Seguiremos informando.
Seguiremos informando.