O pasado
venres día 5 de Outubro, un grupo de Traballadores
de Alcoa da Coruña acudiron ao mitín do PP que o Presidente Feijoo dou en
Carballo, alí reclamaron a atención dos asistentes e os medios de comunicación
pedindo unha solución definitiva para Alcoa.
Por outro
lado, o mesmo venres eo sábado, outro grupo de traballadores facía unha pegada
de carteis na cidade e área metropolitana para promover a manifestación que
levaremos a cabo, dende Alcoa, o próximo día 10 de Outubro. A manifestación
farémola en roupa de traballo ás 17:45 horas, dende a Fábrica ata a Delegación
do Goberno en Galicia (A Coruña).
Compañeiros/as
recordade que mañá luns día 8, os traballadores de Alcoa estamos convocados á
manifestación que sairá ás 20 horas da Praza da Palloza, alí esixiremos unha vez
máis unha solución enerxética para a nosa Fábrica.
Agradecemos
dende aquí a todos os coruñeses e coruñesas a enorme colaboración que nos están
a prestar alí a onde fomos a pedila.
Grazas, a todos e a todas.