jueves, 25 de octubre de 2012

RESULTADO REFERENDO


Acta Xeral do Refendo
O resultado do referendo celebrado  onte na Fábrica, sobre a conveniencia, ou non, de suspender as mobilizacións temporalmente, foi favorable á suspendelas. No Referendo participaron 159 traballadores do total da plantilla. A participación foi máis ben escasa e nun exercicio democrático como este o desexable é que participe a gran maioría, por non dicir todos, os convocados á consulta nas urnas. Aínda así cabe destacar a gran diferenza resultante no referendo, xa que a opción de suspender temporalmente as mobilizacións obtivo case o triplo de apoio (116 votos) máis que a opción de seguir con elas (40 votos).


Agora toca esperar, con calma tensa, ao informe da Comisión Nacional de Enerxía sobre a proposta de regulación que o Goberno realizo o 11 de Outubro.
Alcoa xa está a negociar coas empresas subministradoras de enerxía un contrato no que se fixará o prezo final do Mwh a partir do 31 de Decembro, do presente ano. Data esta na que remata o actual contrato de subministración de enerxía que temos coa empresa Gas Natural Fenosa.


Por último informarvos que, a partir do próximo martes 30 de Outubro (incluído) no local de CCOO (ao lado do Comedor Social), imos empezar unha campaña para repasar as nóminas no período de ERTE e comprobar que se achegou correctamente dende a empresa o complemento ata o 85% do salario bruto.

O horario será: martes e xoves de 12 a 14:30 horas.
A documentación que necesitamos, son:
nóminas do período do ERTE, calendario laboral que se tería que realizar e os pagamentos realizados polo Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE).


Seguiremos informando.