CCOO cree que no momento en que nos atopamos as mobilizacións tal como as tiñamos plantexadas non aportan nada novo e poden virar o apoio da cidadanía en contra nós, porque a mensaxe que teñen e que temos unha solución aportada polo Goberno e nos medios saíu que á empresa lle valía o regulado na Orden Ministerial (OM). Por iso creemos nestes momentos o mellor é parar e buscar entre todos outra maneira de seguir coas nosas reivindicacións.
Folla de rexístro da Orde Ministerial |

As
demais Fábricas de Alcoa desconvocaron as mobilizacións despois da reunión co
Presidente de Alcoa España. Dende a Coruña non imos conseguir adiantar os
prazos previstos na regulación da tarifa eléctrica, a cal vai ser para todos
igual. Si lle vale a Alcoa para seguir producindo, a nós deberíanos de valer
igual que lle vale os demais.
Comunicado do Presidente José Ramón Camino |
O Presidente de Alcoa dixo, que a regulación recollida na OM aseguraba a
permanencia das tres fábricas de Alcoa en España, aínda que como sempre,
estaríamos expostos ao complexo mercado do aluminio. Dende a semana pasada xa
empezaron a confirmar pedidos para o próximo ano, algo que non estaban a facer.
Tamén dixo, que as mobilizacións levadas a cabo foran moi importantes no avance
para conseguir unha regulación de tarifa eléctrica competitiva e que a OM que
se había enviado á Comisión Nacional de Enerxía (CNE) era un paso
importantísimo. Pero cansouse tamén de dicir, que as mobilizacións nestes
momentos eran prexudiciais para os intereses da empresa, que se estaba chamando
moito a atención e ao noso carro estábanse sumando outras empresas, algunhas
non son grandes consumidores de enerxía.
E aínda lles queda por negociar coas eléctricas un contrato de suministro, onde
tiñan que sacar o mellor acordo posíbel.
Despois
dun tempo máis o menos ben, dende o sábado pasado a onte, houbo un gran cambio
nos compañeiros do Comité de Empresa da UGT e a CIG. O sábado despois da
reunión con Feijoo no mitin, pasan de estar de acordo en desconvocar o día
seguinte a asistencia ó mitin de Rajoy na Coruña e cambiar as mobilizacións de
sentido ó entender que dende o PP estiveran a facer o posible pola Fábrica, a
querer seguir coas mobilizacións cando todos as Fábricas as desconvocaron.
Cartel electoral do PSdeG en Alfonso Molina |