martes, 24 de enero de 2012

NOTA INFORMATIVA DO COMITÉ DE EMPRESA

Hoxe a Dirección e a representación do Comité de Empresa que está negociando en Madrid levou a cabo a reunión prevista para tratar de chegar a un acordo sobre como se debería de facer o recorte de produción na Fábrica.

Pola mañá a Dirección sen aportar ningún dato mantivo a súa postura de facer o recorte parando so a Serie 1. A Representación dos Traballadores propuxo outras alternativas; repartir o recorte nas dúas Series, parar as cubas en peor estado e baixar intensidade, ou alternar estas dúas posibilidades. Ademais solicitou á Dirección que aportara datos sobre o aforro en custes da súa proposta e os contrastara coas propostas da RT e presentara tamén un plan de acción a levar a cabo nas instalacións antes de paralas, durante a parada e no rearranque.

Pola tarde a Dirección presentou unha comparativa entre a súa proposta e a de parar a segunda metade de cada Serie. A proposta da Dirección saía claramente máis favorable no aforro en custes con 1.1M/€. Seguidamente a Dirección presentou un plan de acción para levar a cabo no caso de parar a Serie 1, con traballos de mantemento e melloras a realizar antes da parada, durante a parada e no arranque, comprometéndose a que serían realizados polos traballadores de plantilla e a plasmalo por escrito.

A próxima reunión celebrarase en Madrid o próximo xoves onde a Dirección presentará o seu plan de parada e o compromiso adquirido coa RT.

Entre a reunión da mañá e da tarde unha representación do Comité de Empresa foi recibida no Concello da Coruña polo Alcalde Carlos Negreira o cal se interesou pola situación da Fábrica comprometéndose a transmitir o dito pola RT á Xunta de Galicia e Goberno Central.

A RT tamén mantivo onte unha entrevista co Senador Javier Losada ex-alcalde da Coruña no mesmos termos.